dereita|miniatura|230px|Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel (1768-1821), princesa alemá, terza filla dos sete fillos do duque Carlos II Guillerme de Brunswick-Wolfenbüttel e de Augusta de Hannover, irmá do rei Xurxo III do Reino Unido. Carolina é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co asturiano, co castelán, co catalán, co italiano e co portugués. Procede do xermánico Karl (home nas linguas nórdicas), latinizado como Carolus que tamén dá orixe á variante masculina Carlos. Nun principio significaba home libre mais despois pasou a designar o cargo de mestre ou mordomo do pazo entre os reis francos. Cando o poder destes mordomos medrou, Karl pasou a ser un título e, finalmente, chegou a ser nome propio. En galego tamén ten as variantes Carlota e Carla, e o hipocorístico Carola.

En xaneiro de 2023 existían 3.264 mulleres en Galicia co nome Carolina, cunha media de idade de 33,2 anos,Nome Carolina na Web do Instituto Galego de Estatística 2.424 co nome Carlota, cunha media de idade de 18,3 anos,Nome Carlota na Web do Instituto Galego de Estatística 5.713 co nome Carla, cunha media de idade de 17,6 anosNome Carla na Web do Instituto Galego de Estatística e 38 co nome Carola, cunha media de idade de 23,8 anos.Nome Carola na Web do Instituto Galego de Estatística

Etimoloxía Karl é o hipocorístico de varios nomes cuxo primeiro elemento era karl —como Karlman (Carlomán)—, proveniente do antigo alto alemán cháral (‘home’, ‘amante’), que sobrevive no alemán moderno kerl (‘individuo’). Porén, co prefixo hus (house = ‘casa’) formaba Huscarl (‘home da casa’, é dicir, ‘servente’ ou ‘escravo’). Algúns estudosos defenden a súa vinculación co grego γηραλέος gueraléos (‘vello’), defendendo o significado de ‘home maduro’, ‘home experto’.

Carolina é un diminutivo de Carola, á súa volta, unha variante de Carla; que deriva do latín medieval Carolus (Carlos). O nome fíxose popular por ser o nome de varias raíñas, princesas e nobres. O nome tamén o levan dous estados dos Estados Unidos de América: Carolina do Norte e Carolina do Sur, que tomaron o nome de Carlos I de Inglaterra.

Onomástica O nome non ten santa patroa, mais si conta con algunha beata así chamada: Karolina Gerhardinger, fundadora da Escola das Irmás de Nosa Señora, lembrada o 9 de maio, e Karolina Kózkówna, virxe e mártir de Wał-Ruda, chamada "a Maria Goretti polaca", conmemorada o 18 de novembro.

Coma alternativa, a onomástica pódese festexar o mesmo día ca o nome Carlos (4 de novembro en memoria de san Carlos Borromeo).

O nome en Galicia Carolina non é un dos nomes máis comúns en Galicia. Porén é de salientar que unha das cantigas populares de Galicia (e tamén norte de Portugal) máis famosas leve este nome: A Carolina.

Carolina noutras linguas Alemán: Charlotte / Karloline / Karla Asturiano: Carolina Castelán: Carlota / Carla / Carolina Catalán: Carlota / Carolina / Carla Estoniano: Karoliina Éuscaro: Karlota / Karolina / Karla Francés: Charlotte Finés: Karoliina Inglés: Carol / Caroline Italiano: Carolina / Carla Polaco: Karol Portugués: Carlota / Carolina / Carla Ruso: Karolina

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Carlos A Carolina Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe xermánica Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos asturianos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos portugueses