Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.Butler, Dona: «Biography: Elizabeth Bowes-Lyon, the indomitable Queen Mum » (en inglés) Visión.org. Consultado 4 de febreiro de 2011.

Traxectoria Isabel naceu no seo dunha familia da nobreza escocesa composta por Claude Bowes-Lyon e Cecilia Cavendish-Bentinck. En 1923 Isabel casou co duque de York, segundo fillo do rei Xurxo V e a raíña María de Teck. Como duquesa de York, xunto ao seu marido e as súas fillas Isabel e Margarida, personificou a idea tradicional de familia e servizo público. Asumiu diversos compromisos públicos e chegou a ser coñecida como a «duquesa sorrinte» debido a súa constante expresión.

No ano 1936, o seu marido converteuse inesperadamente en Rei, cando o seu irmán Eduardo VIII abdicou para poder casar con Wallis Simpson, unha divorciada estadounidense. Xa como raíña consorte, Isabel acompañou ao seu marido nas xiras diplomáticas por Francia e os Estados Unidos no período previo á segunda guerra mundial. Durante o conflito, o seu espírito aparentemente indomable proporcionou apoio ao pobo británico. En recoñecemento ao seu papel como instrumento de propaganda, Adolf Hitler describiuna como «a muller máis perigosa de Europa».. Ao finalizar a guerra a saúde do seu marido deteriorouse e finou en 1952, quedando viúva á idade de 51 anos.

Á morte da súa sogra, co seu cuñado vivindo no estranxeiro e coa súa primoxénita convertida en raíña á idade de 25 anos, Isabel converteuse no membro máis antigo da Familia Real Británica e asumiu a posición matriarcal. Nos seus últimos anos foi un membro consistentemente popular la realeza, cando outros tiñan baixos niveis de aprobación. Continuou cunha vida pública activa ata poucos meses antes da súa morte á idade de 101 anos, sete semanas despois da morte da menor das súas fillas, a princesa Margarida.Redacción (09 de febreiro de 2002) «Murió la princesa Margarita» BBC News. Consultado el 10 de febreiro de 2011.

Títulos e honras Títulos thumb|right|Armas da Raíña Nai. 4 de agosto de 1900 - 16 de febreiro de 1904: A Honorable Elizabeth Bowes-Lyon 16 de febreiro de 1904 - 26 de abril de 1923: Lady Elizabeth Bowes-Lyon. 26 de abril de 1923 - 11 de decembro de 1936: A Súa Alteza Real A Duquesa de York, Condesa de Inverness, Baronesa Killarney. 11 de decembro de 1936 - 22 de outubro de 1948: A Súa Maxestade Imperial A Raíña, Emperatriz da India 22 de outubro de 1948 - 6 de febreiro de 1952: A Súa Maxestade A Raíña 6 de febreiro de 1952 - 30 de marzo de 2002: A Súa Maxestade A Raíña Isabel, a Raíña Nai.

Honras Desde 1923 outorgáronlle diversas distincións, como a Real Orde Familiar, a Real Cruz Vermella en 1936, a Lexión de Honra en Francia en 1938, a Orde da Xarreteira, entre outras.«Queen Elizabeth the Queen Mother < Honours» The official website of the British Monarchy. Consultado o 11 de febreiro de 2011. Tamén recibiu a Orde El Sol do Perú en 1960 e máis recentemente, a Orde de Nova Zelandia en 1990 e a do Canadá no 2000. Ao momento da súa morte contaba con máis de vinte honras, ordes, medallas e condecoracións de moitos países estranxeiros, como Romanía, Nepal, o Reino de Iugoslavia, entre outros.«The Order of Service at Her Majesty Queen Elizabeth, The Queen Mother's Funeral» (9 de abril de 2002) BBC News. Consultado o 11 de febreiro de 2011.

Devanceiros Devanceiros de Isabel Bowes-Lyon

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas Sitio oficial (en inglés). Remember This—An Elegy on the death of HM Queen Elizabeth, The Queen Mother por Andrew Motion, poeta laureado, para a BBC (en inglés).

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nobres do Reino Unido Categoría:Familia real británica Categoría:Raíñas consortes do Reino Unido Categoría:Centenarios