A Copa do Mundo de Rugby a 7 ou Rugby World Cup Sevens é a competición internacional máis importante de rugby a 7. O campionato, celebrado cada catro anos (excepto entre 2013 e 2018), está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, o World Rugby (WR), e nel participan as seleccións nacionais masculinas afiliadas á dita federación. A primeira edición disputouse no ano 1993 en Escocia, lugar de nacemento desta modalidade do rugby.

Os líderes en vitorias son os combinados de Nova Zelandia e Fiji con dous campionatos cada un. O País de Gales e Inglaterra tamén teñen un título. Na quinta edición do torneo xogada en Dubai comezouse a celebrar o campionato feminino. Nesta categoría os dous campións son Australia e Nova Zelandia. A edición do ano 2018 celebrarase en California, nos Estados Unidos de América. Estre este torneo e o anterior déixanse 5 anos por medio xa que en 2016 se disputará o primeiro torneo olímpico deste deporte.

Historia A Copa do Mundo de Rugby a 7 creouse grazas a unha proposta que lle deu a Scottish Rugby Union á International Rugby Board. A edición inaugural celebrouse no Murrayfield Stadium, en Edimburgo. Catro anos máis tarde, en 1997, o campionato trasladouse a Hong Kong. Na final, Fiji gañou a Suráfrica. No ano 2001, o torneo disputouse en Mar del Plata, Arxentina. Catro ano despois, o campionato regresou a Hong Kong.

En 2005, a IRB fixo unha submisión ao Comité Olímpico Internacional para que o sevens se convertese en deporte olímpico. A submisión foi infrutuosa porque os membros do COI dixeron que a IRB debería de promover máis este deporte en categoría feminina. Para iso, a International Rugby Board creou un torneo feminino para o mundial de 2009. Grazas a esta decisión, o COI fixo que en 2009 se votara que o golf e o rugby 7 se convertesen en olímpicos canda a elección da cidade anfitrioa. Ao final, os dous deportes fixéronse olímpicos para os Xogos Olímpicos de 2016 que se realizarán na cidade brasileira de Río de Xaneiro.

Os sextos mundiais celebráronse no ano 2013 na cidade de Moscova con 24 combinados masculinos e 16 conxuntos femininos.

A Copa do Mundo de Rugby a 7 2018 disputarase en California cinco anos despois do anterior mundial celebrado no 2013 en Moscova.

Torneo masculino AnoSedeFinalSemifinalistasVencedorMarcadorSubcampión1930DetallesEdimburgo, Escocia21-171930Detalles20px|borderHong Kong24-212001DetallesMar del Plata, Arxentina31-122005DetallesHong Kong29-192009DetallesDubai, EAU19-122013DetallesMoscova, Rusia33-02018DetallesCalifornia, Estados Unidos

Resultados por selección Selección 1993 1997 2001 2005 2009 2013 2018 Anos 9º 13º 3º 5º 2º 11º 6 2º 5º 2º 3º 10º 5º 6 Canadá 15º 21º 5º 18º 13º 9º 6 Chile 17º 120px|border China Taipei 21º 21º 21º 3 Cimbaue 21º 21º 17º 13º 4 Corea do Sur 11º 5º 13º 21º 4 14º 11º 5º 9º 11º 5 España 10º 13º 11º 21º 4 17º 18º 13º 13º 13º 13º 6 Filipinas 21º 1 3º 1º 3º 1º 5º 3º 6 15º 5º 21º 5º 13º 5º 6 11º 13º 11º 1º 5º 520px|border Golfo Arábigo 21º 120px|border Illas Cook 11º 13º 2 1º 5º 5º 3º 5º 2º 6 3º 19º 19º 13º 18º 5 17º 17º 21º 320px|border Hong Kong 17º 10º 21º 21º 19º 21º 6 19º 19º 3º 4º 4 Letonia 21º 1 Marrocos 19º 1 21º 21º 2 7º 3º 1º 2º 5º 1º 1 Países Baixos 21º 1 Portugal 21º 18º 10º 11º 13º 5 Romanís 17º 13º 12 Rusia 9º 11º 17º 3 5º 3º 5º 9º 3º 10º 6 5º 2º 5º 5º 5º 5º 6 Tonga 7º 9º 19º 11º 13º 5 Tunisia 13º 13º 21º 3 21º 19º 19º 3Xapón 13º 17º 13º 13º 21º 18º 6 10º 11º 21º 19º 4

Torneo feminino AnoSedeFinalSemifinalistasVencedorMarcadorSubcampión2009DetallesDubai, EAU15-102013Detalles20px|borderMoscova, Rusia29-122018DetallesCalifornia, Estados Unidos

Resultados por selección Selección 2009 2013 2018 Anos 1º 5º 2 10º 13º 2 6º 2º 2 9º 11º 2 7º 4º 2 3º 3º 2 9º 1 7º 11º 2 5º 6º 220px|border Irlanda 7º 1 11º 1 2º 1º 2 13º 10º 2 11º 7º 2 3º 13º 2 13º 1 13º 1 13º 1 13º 13º 2

Véxase tamén Outros artigos Rugby a 7 Copa do Mundo de Rugby Series Mundiais de Sevens

Ligazóns externas Páxina web oficial World Rugby

Categoría:Rugby