Manuel Malingre Parmantier, nado en Souvret no concello valón de Courcelles o 21 de outubro de 1834 e finado en Ourense o 29 de febreiro de 1916 , foi un empresario, fundidor e político galego de orixe belga. Traxectoria En 1858 sábese que residía en Xixón casado cunha asturiana Malingre Rodríguez, Ana (2011): "La Fundición Malingre de Ourense" Porta da aira: revista de historia del arte orensano n.º 13, pp. 225-261.. Estableceuse en Ourense por volta de 1864 e fundou unha pequena fundición de ferro en Reza que mantivo durante dous anos, ata que mudou a súa fundición á rúa de San Domingos, instalando tamén unha fábrica de tubos. Foi concelleiro en 1873. Antes de 1882 mudou os seus negocios para San Lázaro e en 1888 erixiu un muíño de fariña a vapor. En 1889 era de novo concelleiro. Retirouse do negocio en 1894 deixándoo en herdanza a dous dos seus fillos.

Notas

Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en Courcelles, Bélxica