Baixo o nome de alicorno ou alicornio coñécese un amuleto moi apreciado como protector e como curativo na medicina tradicional galega pola súa eficacia no tratamento de diferentes enfermidades. Considérase un antídoto universal contra calquera tipo de veleno.Quintía Pereira, s. v. alicorno. Cos mesmos nomes desígnase o unicornio, criatura mitolóxica da que se obtén, segundo se conta.

Recibe tamén os nomes de licornio, licornia, licorno, corno de licorno, helicornio, triscornio e outros.

miniatura|250px|Escornabois

Está feito de cairo de xabaril ou de corno de cervo ou corzo, normalmente engarzado nunha base de prata, pero tamén os hai de corno de boi. Outro tipo de alicorno é o constituído polo corno de vacaloura.Realmente, a mandíbula.

Tamén se fixeron (ou así o aseguraban os posuidores) do dente dun narval. A versión máis mítica é dicir que se fan de corno de unicornio, criatura de forma de cabalo cun corno largo e recto que lles nace no medio e medio da fronte. De feito, a palabra alicorno tamén designa a este animal.Gran Enciclopedia Galega, s. v. alicorno. Igualmente, co nome de alicorno tamén se coñece á propia vacaloura.Leandro Carré e Elixio Rivas Quintas, en Dicionario de Dicionarios, s. v. alicornio.

Usos medicinales O alicorno considérase eficaz contra calquera pezoñaE de aí o nome de pedra do veleno. e contra diferentes dores (incluídas as dores de parto) e enfermidades. Crese particularmente eficaz como protector e remedio curativo contra mal de ollo e o tangaraño (raquitismo infantil), así como contra trastornos nersiosos, e por este uso apotropaico lévase pendurado do pescozo.

Tamén se cre eficaz contra as mordeduras de animais (incluídas as feridas do lobo no gando), as picadas de cobras e insectos ou o coxo (erupcións cutáneas supostamente producidas por tocar un obxecto ou unha superficie pola que pasara unha cobra, unha araña, unha píntega, etc.).

Como tratamento, o modo de uso é deixar caer unhas raspaduras en auga ou en leite, facer tres cruces e darllo a beber á persoa enferma. Ou ben, introdúcese o alicorno en auga e logo se pasa sobre a zona enferma, un número impar de veces; a mesma auga na que se meteu o corno xa é curativa.

Tamén se facían aneis de alicorno, aneis de prata nos que se engarzaban unha cápsula contendo un anaco de corno de vacaloura ou un pouco de po obtido de raspar un corno. A auga na que se meteu a man co anel adquire propiedades curativas, lavando con ela as feridas de mordeduras ou picadas.

Aquelas comidas que se fagan ou toquen con este anel adquiren o poder de sandar enfermidades, de levedar o pan máis rapidamente (se se amasou a fariña coa man na que se leva o anel). Se se remexe coa man a calda dos porcos, estes quedarán protexidos contra o mal de ollo, os aires e as envexas, así como contra enfermidades como o cuchizo.Eladio Rodríguez, s. v. anelo.Cuba e outros, s. v. alicorno.

Outros usos

Está moi estendida a crenza en que as cobras gustan do leite e que poden entrar nas cortes do gando para mamar no ubre das vacas, e mesmo se di que tamén o poden facer das nais que estean aleitando ó seu fillo, e que son quen de facelo con tal suavidade que a nai non se dá de conta, e distraen ó meniño poñéndolle o rabo na boca, a modo de chupete.

Pois ben. Para axotar as cobras e que becerros ou meniños sigan medrando axeitadamente, hai que botar unhas raspaduras do alicorno en leite, e poñela nun prato que de deixa no lugar onde se sospeite que poidan entrar. Cando veña a cobra, beberá nese leite e morrerá de contado. Antón Fraguas di que o prato co leite serve de cebo para que a cobra saia do seu agocho, atraída polo cheiro do leite, e aproveitar o momento para darlle morte.Antón Fraguas en Gran Enciclopedia Galega, s. v. alicorno.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA (2003).

[facsímile da Ed. Maxtor, Valladolid 2001. ISBN=84-95636-77-8]

Ligazóns externas Galiciaencantada.com [consultadoo 27.01.2026]

Categoría:Etnografía galega