Grandvalira é unha estación de esquí dos Pireneos localizada na zona leste do Principado de Andorra, nas parroquias de Encamp e Canillo. A estación está principalmente destinada para a práctica do esquí alpino e chega dende o centro da nación até o leste, onda a fronteira con Francia.

Este é o dominio esquiábel máis grande dos Pireneos e de todo o Sur de Europa, xa que ten un total de 210 quilómetros de pistas. A etación toma o seu nome do río Valira, o río máis grande de Andorra que é resultado da fusión do río Valira de Oriente e do río Valira de Occidente en Escaldes-Engordany.

Historia Grandvalira creouse no inverno de 2003 como resultado dunha fusión entre as estacións de Pas de la Casa - Grau Roig e Soldeu El Tarter. En 2007, Pas de la Casa - Grau Roig celebrou o seu 50 aniversario. O primeiro telesquí foi instalado no ano 1956 por Francesc Viladomat na cima do Coll Blanc. Este telesquí chegaba a transportar 450 equiadores á hora. Dende a fusión, a estación foi ampliada ao Cercle de Pessons e aos Cortals d'Encamp.

Os primeiros canóns de neve artificiais foron instalados en 1985. O primeiro telecadeira desembragábel de seis prazas instalouse en 1997. Estes dous feitos ocorreron na estacións de esquí de Pas de la Casa - Grau Roig.

Sectores A estación de esquí de Grandvalira conta con seis sectores diferentes:

Encamp (1300m, só se pode acceder á pista por telecabina) Canillo (1500m, só se pode acceder á pista por telecabina) O Tarter (1719 m) Soldeu (1800 m) Grau Roig (2120 m) Pas da Casa (2100 m)

thumb|center|800px|Panorama de Pas da Casa.

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Estación de esquí Principado de Andorra Vallnord

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Estacións de esquí de Andorra Categoría:Economía de Andorra