O UNII ou Unique Ingredient Identifier (Identificador de ingrediente único) é un identificador non patentado (non propietario), libre, único e inequívoco, non semántico e alfanumérico vinculado á estrutura molecular dunha substancia química e/ou á información descritiva polo Sistema de Rexistro de Substancias (Substance Registration System, SRS) da FDA norteamericana. Un UNII sempre ten unha lonxitude de dez caracteres e xérase aleatoriamente, para que non conteña ningunha información inherente sobre o momento de entrada ou o tipo de substancia.
O SRS utilízase para xerar identificadores permanentes e únicos para as substancias en produtos regulados, tales como ingredientes de medicamentos. O sistema utiliza a estrutura molecular e a información descritiva para definir unha substancia e xerar un UNII. O principal modo usado para a definición dunha substancia é pola súa estrutura molecular representada nun plano bidimensional. Cando unha estrutura molecular non está dispoñible (por exemplo, produtos botánicos), o UNII defínese a partir da información descritiva.William A. Hess (2007) in “Substance Registration – UNII Presentation. http://www.fda.gov/ForIndustry/DataStandards/SubstanceRegistrationSystem-UniqueIngredientIdentifierUNII/ucm127839.htm
O procedemento e manexo do SRS proporciónao o Consello SRS, que inclúe expertos da FDA e da United States Pharmacopeia (USP).http://www.fda.gov/ForIndustry/DataStandards/SubstanceRegistrationSystem-UniqueIngredientIdentifierUNII/default.htm
Exemplos Termo preferido UNII Testosterona 3XMK78S47O Metadona UC6VBE7V1Z Auga 059QF0KO0R
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Substance Registration System - Unique Ingredient Identifier (UNII)
Categoría:Farmacoloxía Categoría:Quimioinformática Categoría:Bioinformática