Gerrit Smith Miller, Jr., nado o 9 de decembro de 1869 en Peterboro, estado de Nova York, e finado o 24 de febreiro de 1956 en Washington, D.C., foi un zoólogo e botánico estadounidense.
Traxectoria En 1869 graduouse na Universidade de Harvard e, en 1894, traballou ás ordes de Clinton Hart Merriam no Departamento de Agricultura dos Estados Unidos.
En 1898 foi conservador axudante de mamíferos no Museo Nacional dos Estados Unidos de Washington, e conservador titular entre 1909 e 1940, cando se converteu en asociado en bioloxía no Instituto Smithsoniano.
En 1906 desprazouse a Francia, España e Tánxer nunha viaxe de recolección.
En 1915 publicou os resultados dos seus estudos de moldes de exemplares asociados co home de Piltdown, chegando á conclusión de que a mandíbula proviña en realidade dun simio fósil.
Algunhas publicacións "Revision of the North American bats of the family Vespertilionidæ". Nº 13-21 de North American Fauna. 1897 "Preliminary revision of the European redbacked mice". Volume 2 de Proc. of the Washington Academy of Sci. 1900 "A collection of small mammals from Mount Coffee Liveria". Proc. of the Washington Academy of Sci. 1900 Key to the land mammals of northeastern North America. Nº 38 do Bulletin of the New York State Museum. Ed. University of the State of New York. 1900. Reeditado por General Books LLC, 2010. ISBN 1-152-15945-3 "The giant squirrels of Burmah and the Malay penisula". Proc. of the Washington Academy of Sci. 1900 "Mammals collected by Dr. W. L. Abbott on the Natuna Islands". Proc. of the Washington Academy of Sci. 1901 The Families and Genera of Bats. 1907 Two new mammals from Asia Minor. 1908 Two new genera of murine rodents. Ed. Smithsonian Institution. 1910 A new carnivore from China. 1910 Catalogue of the Land Mammals of Western Europe. 1912 Variation in the skull and horns of the Isabella gazelle. 1912 "Notes on the bats of the genus Molossus". Vol. 46, Nº 2013 de Proc. of the United States National Museum. 1913 Alexander Wetmore, Gerrit Smith Miller, James Williams Gidley. Warm-blooded vertebrates: Part I. Birds. Vol. 9 de Smithsonian Scientific Series. Ed. Smithsonian Institution Series. 1938
Abreviaturas A abreviatura G.S.Mill. emprégase para indicar a Gerrit Smith Miller como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
A abreviatura Miller emprégase para indicar a Gerrit Smith Miller como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén Bibliografía Keir B. Sterling (1997): Gerrit Smith Miller, Jr. dans Biographical Dictionary of American and Canadian Naturalists and Environmentalists. Ed. Greenwood Press.
Ligazóns externas Finding Aid to Gerrit Smith Miller Jr. Papeis de Gerrit Smith Miller Jrnos arquivos do Instituto Smithsoniano
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1869 Categoría:Nados no condado de Madison, Nova York Categoría:Finados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade Harvard