Cynocephalus volans (Linnaeus, 1758), que, aínda que non é un verdadeiro lémure, en moitos idiomas coñécese vulgarmente con termos que podemos traducir ao galego como lémure voador filipino, é a única especie actual do xénero Cynocephalus, un dos dous que forman a familia dos cinocefálidos, que é a única integrante da orde dos dermópteros.Cynocephalus volans en MSW.

Esta especie é endémica de Filipinas, onde as súas poboacións se concentran nas illas de Mindanao, Bohol e outras menores.González, J. C., Custodio, C., Carino, P. & Pamaong-José, R., asesores (2008): Cynocephalus volans na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.3

A pesar dos seus nomes comúns, non é un lémure; de feito, nin sequera é un primate. Porén, como os esquíos voadores, ou os morcegos cos que foi algunha vez clasificado, está equipado cunha membrana ou pataxio que lle permite facer voos planados.

Estudos xenéticos recentes sitúano, porén, como próximo aos primates.

Taxonomía Xénero O xénero Cynocephalus foi descrito en 1768 polo médico e naturalista holandés Pieter Boddaert, en Dierk. Meng., 2: 8.Cynocephalus en MSW. Especie A especie foi descrita por primeira vez por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae (tomo 1, p. 30), co nome de Lemur volans,Lemur volans en Linnaeus, the Binomial System, and Primates, na darwiniana.org xa que o clasificou como un lémure, é dicir, un prosimio.

Sinónimos Xénero Ademais de polo nome orixinario que lle deu Boddaert, e que é o actualmente válido, coñeceuse tamén polos sinónimos:

Colugo Gray, 1870 Dermopterus Burnett, 1829 Galeolemur Lesson, 1840 Galeopithecus Pallas, 1783 Galeopus Rafinesque, 1815 Pleuropterus Burnett, 1829

Especie Ademais de polo nome que lle adxudicou Linneo, actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:

Cynocephalus philippinensis Waterhouse, 1838 Cynocephalus philippensis (Lesson, 1840)

Etimoloxías O nome xenérico, Cynocephalus, é a adaptación do termo do grego clásico κυνοκέφαλος kinoképhalos, derivado de κύων kýōn (ou κυνός kynós), "can", e κεφαλή kephlē, "cabeza".cynocephalus no Merriam-Webster Dictionary. O epíteto específico, volans, é o nominativo de volans, -antis, "que voa", tirado do verbo volo, "voar". Literalmente: "o de cabeza de can que voa".

Nomes vulgares O nome vulgar cinocéfalo é unha adaptación evidente do nome do xénero Cynocephalus.

Colugo deriva de colugo, dunha lingua indo-malaia, quizais dunha lingua de Filipinas.colugo no Merriam-Webster Dictionary.

Galeopiteco, nome empregado adoito na bibliografía internacional, é unha adaptación do nome do xénero Galopithecus Rüppell, 1842, o tipo da familia dos Galeopithecidae Gray, 1821, sinónimo de Cynocephalidae, cando se pensaba que estas animais formaban parte da orde dos Primates Linnaeus, 1758.Galeopithecidae Gray, 1821 en BioNames.

Características miniatura|esquerda|150px|Galeoipiteco planando. miniatura|esquerda|150px|Mandíbula inferior. O corpo mide aproximadamente 30 cm de longo. Posúe unha membrana que une as patas e a cola, o pataxio, que deixa libre só a cabeza, o que lle permite planar sobre varias decenas de metros cando salta de árbore en árbore. Despregada, esta membrana pode alcanzar 60 cm de anchura, formando como unha especie de paracaídas.

A lonxitude total, cola incluída, é de 77 a 95 cm na idade adulta, cun peso de 1 a 1,750 kg.Galéopithèque en le dictionnaire sur divirama. comLe Galéopithèque en ifrance

A súa pelaxe é mesta e suave, dunha cor agrisada con tons pardo-avermellados. Para permitir unha boa camuflaxe nas árbores onde vive ten pintas brancas no dorso , e un ton dourado ou amarelado na zona ventral. As patas teñen cinco dedos cunhas garras fortes, curtas e curvadas, para garantir un bo agarre na codia das árbores; ademais, os membros anteriores son prénsiles.

A cabeza ten un certo parecido á dun can.

Co fin de aumentar aínda máis a superficie total do pataxio, até os espazos interdixitais están palmados.Les colugos, de si proches cousins , Sciences et Avenir.com, en nouvelobs.com

Ten unha excelente visión nocturna grazas aos seus grandes ollos redondos.

A dentición é primitiva. Ten a particularidade de ter os incisivos en forma de peite, que lle serven tanto para esgazar os vexetais dos que se alimenta como para coidar a súa pel.

Estado de conservación En 2008 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualificou o status de Cynocephalus volans como LC (pouco preocupante), situación que mantén a día de hoxe (setembro de 2015), debido a que a súa poboación suponse que é grande, sendo pouco probábel que a súa diminución sexa suficiente como para cualificar o seu status nunha categoría ameazada, e aínda que houbo unha deforestación significativa na súa área de dispersión, a especie persiste en hábitats degradados. Porén, a explotación forestal comercial é unha ameaza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos Mamíferos Euterios Euarcontogliros Euarcontos Dermópteros Galeopterus variegatus

Ligazóns externas Cynocephalus volans na ADW. Con informacións, imaxes e referencias bibliográficas . Cynocephalus volans na EOL. Con informacións, imaxes e referencias bibliográficas .

Categoría:Placentarios Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné