A diocese de Smolensk foi unha diocese católica latina entre o Gran Ducado de Lituania e o Imperio Ruso, suprimida en 1818.

Territorio miniatura|dereita|250px|Dioceses católicas latinas na Confederación Polaco-Lituana en 1772, cos territorios da diocese de Smolensk que seguían a pertencer ao Gran Ducado de Lituania en verde claro. A diocese abranguía orixinalmente parte do Gran Ducado de Lituania, arredor do voivodato de Smolensk. A súa sé era a cidade de Smolensk, onde estaba a catedral da Anunciación da Virxe. Coa conquista rusa quedou a maior parte do territorio baixo incorporado ao Imperio Ruso.

En 1744 a diocese só tiña tres parroquias para un total de 20.000 fieis de rito latino.

Historia A diocese foi erixida en 1611, e no consistorio do 1 de setembro de 1636 recibiu o seu primeiro bispo, como sufragánea da arquidiocese de Gniezno.

Coa conquista rusa na Guerra ruso-polaca (1654-1667) a maioría do territorio pasou a pertencer ao Imperio Ruso, aínda que unha pequena parte ficou no Gran Ducado de Lituania. En 1783 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquidiocese de Mahilioŭ.

A diocese foi suprimida definitivamente en 1818, e os seus territorios pasaron a formar parte da arquidiocese de Mahilioŭ.

Episcopoloxio Petras Parčevskis (1 de setembro de 1636 - 9 de decembro de 1649, nomeado bispo de Samoxicia) Franciszek Dołmat Isajkowski (14 de febreiro de 1650 - maio de 1654, finado) Hieronim Wladysław Sanguszko (31 de maio de 1655 - xullo de 1657, finado) Jerzy Białłozor (18 de marzo de 1658 - 21 de novembro de 1661, nomeado bispo de Vilnius) Kazimieras Pacas (14 de xaneiro de 1664 - 3 de outubro de 1667, nomeado bispo de Samoxicia) Gothard Jan Tyzenhaus (17 de setembro de 1668 - 1669, finado) Aleksander Kotowicz (27 de febreiro de 1673 - 9 de abril de 1685, nomeado bispo de Vilnius) Konstanty Kazimierz Brzostowski (30 de abril de 1685 - 24 de novembro de 1687, nomeado bispo de Vilnius) Eustachy Stanisław Kotowicz (17 de maio de 1688 - 1704, finado) Jan Mikolaj Zgierski (25 de xaneiro de 1706 - 21 de xullo de 1710, nomeado bispo de Samoxicia) Aleksander Mikolaj Horain (23 de decembro de 1711 - 7 de decembro de 1716, nomeado bispo de Samoxicia) Ludwik Karol Korielsk Ogiński (22 de novembro de 1717 - 1718, finado) Karol Piotr Pancerzyński (24 de setembro de 1721 - 11 de setembro de 1724, confirmado bispo de Vilnius) Bogusław Korwin Gosiewski (29 de xaneiro de 1725 - 24 de xuño de 1744, finado) Jerzy Mikołaj Hylzen (10 de maio de 1745 - 17 de xullo de 1763, renuncia) Gabriel Wodzyński (17 de xullo de 1763 - 28 de novembro e 1788, finado) Adam Stanisław Naruszewicz (28 de novembro de 1788 - 29 de novembro de 1790, nomeado bispo de Lutsk) Tymoteusz Pawel von Gorzeński (29 de novembro de 1790 - 27 de marzo de 1809, confirmado bispo de Poznań)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en GCatholic.org

Categoría:Antigas divisións territoriais da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas en Rusia Categoría:Dioceses da Igrexa católica latina