Pemex (Petróleos Mexicanos) é unha empresa mexicana estatal adicada á explotación, extracción, refino e venda de produtos petrolíferos. Pemex á a maior empresa de México e a segunda máis grande de América despois da brasileira Petrobras.

Pemex en Galiza miniatura|esquerda|Botadura de Orgullo Petrolero en Navantia Ferrol.|200x200px Pemex investiu en 2015 cinco millóns de euros na compra do 51% do estaleiro Barreras de Vigo. En 2014 contratou a construción de dous floteis en Galiza: Reforma Pemex e Orgullo Petrolero, cun custo duns 150 millóns de euros cada un. Un buque construído en Barreras Vigo e outro en Navantia Ferrol.

En 2012 a empresa chegou a un acordo para a construción na Punta Lagosteira dunha terminal petroleira de 30.000 metros cadrados cun orzamento de 26,5 millóns de euros e un pantalán por outros 30,5 millóns.

Notas

Categoría:Empresas de México Categoría:Petróleo