O Douglas A-1 Skyraider foi un avión monopraza de ataque estadounidense en servizo entre finais dos 40 e principios dos 80. O Skyraider tivo unha destacadamente longa e exitosa carreira; converteuse nun anacronismo na era dos reactores ao ser un avión de pistón e foi bautizado "Spad", polo caza francés da primeira guerra mundial.

Operou para Armada estadounidense, o corpo de Marines e a Forza Aérea, e tamén serviu coa Armada Real británica, a Forza Aérea francesa ou a Forza Aérea da República do Vietnam. Nos Estados Unidos foi finalmente substituído polo reitor subsónico LTV A-7 Corsair II a pincipios dos anos 70.

Categoría:Aeronaves de Douglas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1945