Józef Wróbel, nado o 18 de outubro de 1952 en Bestwina (Polonia), é un bispo católico latino, bispo de Helsinqui entre 2000 e 2008, e dende entón bispo auxiliar de Lublin.

Traxectoria O 28 de decembro de 1974 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 12 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.

O 30 de novembro de 2000 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 27 de xaneiro de 2001 de mans do cardeal Edward Cassidy.

O 28 de xuño de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Lublin e bispo titular de Suas. En 2009 participou na consagración do seu sucesor en Helsinqui, Teemu Sippo, primeiro bispo católico finlandés dende a reforma protestante.

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados no condado de Bielsko Categoría:Bispos católicos de Finlandia Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Dehonianos Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Łódź Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Alumnos da Universidade de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lublin Categoría:Profesores da Universidade Católica de Lublin Categoría:Bispos católicos do século XXI