A República Chechena de Ichkeria (en ) é o goberno independentista e sen recoñecemento de Chechenia, no exilio dende 2000. A independencia da república foi proclamada a finais de 1991 polo presidente Dzhokhar Dudaev, e Chechenia sufriu dúas guerras contra a Federación Rusa, que non aceptou a secesión. A finais de 2007 o presidente Doku Umarov declarou que convertía á república nunha provincia dun emirato caucásico, nomeándose a si mesmo como emir. Isto foi, porén, rexeitado por moitos membros do goberno no exilio.

Véxase tamén Outros artigos Pobo checheno

Categoría:Chechenia Categoría:Repúblicas islámicas Categoría:Repúblicas desaparecidas