Fusobacterium é un xénero de bacterias anaeróbicas gramnegativas, similar a Bacteroides. Son bacterias con forma de bacilo con extremos bicudos. Cepas de Fusobacterium causan varias doenzas humanas, como enfermidades periodontais, síndrome de Lemierre, e úlceras cutáneas tópicas.

Aínda que en literatura antiga se pode atopar que Fusobacterium forma parte da flora humana normal da orofarinxe, o consenso actual é que estas bacterias deberían sempre tratarse como patóxenos. F. prausnitzii, era un comensal do tracto gastrointestinal asociado con pacientes sans, que en 2002 foi movido do xénero Fusobacterium a un xénero propio, o Faecalibacterium.

Importancia clínica En 2011 descubriuse que as Fusobacterium florecen en asociación con células de cancro de colon, e a miúdo están asociadas con colite ulcerosa, aínda que non se determinou se o organismo realmente causa esta doenza ou se simplemente prospera no ambiente que crea a doenza. Esta bacteria é unha gran áncora para a formación de biopelículas.

A diferenza de Bacteroides spp., as Fusobacterium teñen un potente lipopolisacáridos.

A clindamicina é o antibiótico máis activo contra as especies de Fusobacterium, seguindo do cloranfenicol, carbenicilina, e cefoperazona (os cales son case igual de activos) e despois o cefamandole.Donald Kaye, William Kobasa, Karen Kaye. (1980). "Susceptibilities of anaerobic bacteria to cefoperazone and other antibiotics". Antimicrobial Agents and Chemotherapy, June 1980, pp. 957-960.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Anaerobic Gram-Negative Bacilli chapter in Baron's Medical Microbiology (en liña no NCBI bookshelf). Fusobacterium de MicrobeWiki

Categoría:Fusobacterias