250px|miniatura|James Naismith ca. 1900.
James Naismith, nado en Almonte, o 6 de novembro de 1861, e finado en Lawrence o 28 de novembro de 1939 foi un adestrador e innovador canadense.
Traxectoria Inventou o deporte do baloncesto en 1891 e tamén se lle recoñece como o introdutor do primeiro casco de fútbol americano. Escribiu as regras orixinais do baloncesto, fundou o programa de baloncesto da Universidade de Kansas e viu o seu deporte adoptado como unha disciplina de demostración nos Xogos Olímpicos de 1904 e como un deporte oficial nos Xogos Olímpicos de 1936. As contribucións de Naismith no baloncesto valéronlle varias honras póstumas, tales como pertencer ó Salón da Fama do baloncesto canadense, ó Salón da Fama olímpico canadense, ó Salón da Fama de deportes canadenses, ó Salón da Fama de lendas do deporte de Ontario, ó Salón da Fama de deportes de Ottawa, ó Salón da Fama do deporte da Universidade McGill, ó Salón da Fama dos deportes de Kansas State e ó Salón da Fama da FIBA. O Naismith Memorial Basketball Hall of Fame leva o seu nome.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil no Basketball Hall of Fame Fundación Naismith
Categoría:Baloncesto Categoría:Inventores Categoría:Deporte no Canadá Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Ontario