miniatura|Cartel de Comisións Obreiras en Granollers para a convocatoria de folga xeral. miniatura|Manifestación sindical no Paseo da Castellana de Madrid. A folga xeral española de 2010 (tamén coñecida como do 29-S) estivo convocada para o mércores día 29 de setembro polos principais sindicatos (CCOO, UXT), menos os do País Vasco e Navarra. Esta folga, de 24 horas de duración, foi en contra da Reforma laboral de 2010, promovida polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero e aprobada no Congreso dos Deputados o 9 de setembro de 2010 entrando en vigor o 19 de setembro de 2010; e contra a Reforma de sistema público de pensións anunciada polo Goberno español. Na convocatoria tamén se uniron outros sindicatos, como a CIG"Nós xa decidimos sumarnos á folga xeral", 29 de setembro de 2010., CNT"A CNT chama a participar activamente da folga xeral" , 28 de setembro de 2010., CXT, a USO ou a COS; e diversas organizacións e asociacións nacionais e internacionais. (galería fotográfica)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web da folga xeral de 29/09 Páxina especial folga de Comisións Obreiras Axencia de Información 29-S

Categoría:2010 Categoría:Folgas