A base de datos Gmelin é unha gran base de datos química de compostos organometálicos e inorgánicos que se actualiza trimestralmente. Está baseada na publicación alemá Manual de Química inorgánica de Gmelin (Gmelins Handbuch der anorganischen Chemie) escrito por Leopold Gmelin en 1817Brockhaus ABC Chemie, VEB F. A. Brockhaus Verlag Leipzig 1965, S. 497–498. e actualmente contén 1,5 millóns de compostos e 1,3 millóns de reaccións diferentes. A última versión contén todas as reaccións e compostos descubertos entre 1772 e 1995, e comprende uns 85.000 títulos, palabras clave e resumos, e é mantida por Elsevier MDL.

A base de datos ten uns 800 campos de datos distintos relativos a información eléctrica, magnética, térmica, cristalográfica e fisiolóxica dos compostos.

Pode considerarse unha base de datos irmá da Beilstein, a cal trata dos compostos orgánicos e as súas reaccións.

Accédese polo sistema Reaxys.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Beilstein (base de datos)

Categoría:Bases de datos químicas Categoría:Química inorgánica