miniatura|300px|Nixon abandonando a Casa Branca pouco antes que a súa dimisión fose efectiva (9 de agosto de 1974) no desenlace do Escándalo Watergate, unha das fitas do xornalismo de investigación. A historia do xornalismo é o desenvolvemento, ó longo da historia, do xornalismo, entendido como unha actividade regular e continuada de recollida, elaboración e difusión de novas sobre os principais acontecementos que pasan no mundo, que levan a termo os xornalistas. A tendencia foi a do incremento do número de novas ó alcance dos cidadáns e da velocidade de transmisión. Dende finais do século XVII os xornais foron o principal medio de difusión da actividade dos xornalistas, ós cales se van engadir no século XVIII as revistas, no século XX a radio e a televisión, e no século XXI Internet.
A historia do xornalismo pódese separar en catro etapas; o antigo ou artesán (1609–1789), o moderno ou liberal (1789 – derradeiro cuarto do século XIX), o contemporáneo ou industrial (derradeiro cuarto do século XIX – derradeiro cuarto do século XX) e o que comeza co xurdimento de Internet, en 1994. Italia, Alemaña, Francia, Inglaterra, España e os Estados Unidos son, por esta orde, os países claves na aproximación académica da historia do xornalismo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dicionario biográfico de máis de 24 000 xornalistas británicos e irlandeses que morreron entre 1800 e 1960 Algunhas notas de historia do xornalismo por Wally Hastings, Universidade Estatal Setentrional, Dacota do Sur.
Categoría:Xornalismo