miniatura|Macri (2013) Mauricio Macri, nado en Tandil o 8 de febreiro de 1959, é un enxeñeiro civil, político, empresario e dirixente deportivo arxentino. Dende o 10 de decembro de 2015 até o 10 de decembro de 2019 foi o Presidente da Nación Arxentina."Asumió Macri", Página 12, 9 de decembro de 2007
Traxectoria Estudou enxeñería civil na Universidade Católica Arxentina, licenciándose na década de 1980, traballou en varias empresas como Citibank e no propio Grupo Macri, fundado por seu pai. Foi presidente do Club Atlético Boca Juniors entre 1995 e 2008, e deputado nacional pola Capital Federal entre 2005 e 2007. Elixido xefe de goberno da cidade de Bos Aires en 2007 e reelixido en 2011.«Macri reasumió la presidencia de Boca» , Clarín, 27 de febreiro de 2008.«Pompilio, ganador por amplio margen sobre Digón» ,Perfil, 1 de xuño de 2008.
En 2003 creou o partido Compromiso para o Cambio, principal forza da alianza electoral Proposta Republicana (PROL). En 2015, Macri é un dos candidatos á presidencia da Arxentina, logrando a segunda posición das primarias previas tras Daniel Scioli
A súa dona é Juliana Awada.
Notas
Categoría:Empresarios da Arxentina Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Tandil Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Presidentes de clubs de fútbol Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Católica Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Orde da Estrela da Solidariedade Italiana