O 432 Park Avenue é un rañaceos situado en Manhattan, Nova York, Estados Unidos. Cunha altura de 426 metros e 85 andares é o edificio residencial máis alto do mundo e o cuarto máis alto de Nova York pola altura da azotea (foi até o 2019 o segundo máis alto desta cidade por altura total, só por detrás do One World Trade Center, que acada os 546,2 m).
Deseño e construción O rañaceos foi deseñado polo arquitecto uruguaio Rafael Viñoly, o cal se inspirou nunha papeleira creada por Josef Hoffmann, un deseñador austríaco.
O traballo nos cimentos comezou en setembro de 2011, alcanzando o nivel do solo a comezos de 2013. A súa construción supuxo a demolición do Drake Hotel, do ano 1926. Foi completado o 23 de decembro do 2015, listo para a súa ocupación a comezos de 2016.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de rañaceos en Nova York
Ligazóns externas Páxina web oficial (en inglés)
Categoría:Arquitectura en Nova York Categoría:Rañaceos dos Estados Unidos de América Categoría:Manhattan