O Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2015 foi a 82ª edición do Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta. O campionato celebrouse entre o día 19 e o día 27 de setembro de 2015 na cidade de Richmond, capital do estado de Virxinia, Estados Unidos de América.
Elección da sede Cando a UCI pechou o prazo o 20 de febreiro de 2011, tres países expresaron a súa intención de celebrar os campionatos.
Richmond, Virxinia, : anunciou a súa candidatura nunha conferencia oficial de prensa o 21 de decembro de 2010. : Durante o Tour de Omán de 2011, o organizador da carreira Eddy Merckx confirmou que o país árabe quería organizar os Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta 2015. El ofreceu o seu apoio e os medios de comunicación indicando que isto podería ter un papel clave na organización dos campionatos. Cidade do Quebec, Quebec, : ofreceuse para a organización das carreiras despois da petición do presidente da Unión Ciclista Internacional, Pat McQuaid. Quebec foi a única cidade canadense que entrou na batalla polos campionatos. Presentou a candidatura o 7 de novembro do 2010. En 2011, citando o alto custo da organización (20 millóns de $) Quebec retirouse.
O 21 de setembro de 2011, Richmond foi seleccionada como a cidade organizadora.
Clasificación A clasificación principal baseouse en actuacións nos eventos UCI durante a tempada 2015. Os resultados de xaneiro ao 15 de agosto contaron para os criterios de clasificación.
Clasificación olímpica As contra reloxos individuais masculina e feminina forman parte do sistema de clasificación destas modalidades para os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro.
Federacións participantes Nas competicións rexistráronse ciclistas de 76 federacións diferentes. Listaxe de nacións participantes
(organizadora)
Horarios Todas as carreiras comezaron e remataron en Richmond na franxa horaria UTC-4. Data Comezo Final Evento DistanciaContrarreloxos por equipos20 de setembro 11:30 12:55 Equipos femininos 38,6 km 13:30 15:35 Equipos masculinos 38,6 kmContrarreloxos individuais21 de setembro 10:00 11:10 Júnior feminino 15 km 11:30 15:50 Sub-23 masculino 30 km22 de setembro 9:30 13:05 Júnior masculino 30 km 13:30 16:45 Elite feminino 30 km23 de setembro 13:00 15:30 Elite masculino 53 kmProbas en liña25 de setembro 10:00 11:10 Júnior feminino 64,9 km (4 voltas) 11:30 16:50 Sub-23 masculino 162,2 km (10 voltas)26 de setembro 9:00 12:15 Júnior masculino 129,6 km (8 voltas) 13:00 16:25 Elite feminino 129,6 km (8 voltas)27 de setembro 9:00 15:40 Elite masculino 259,2 km (16 voltas)
Resultados Eventos elite miniatura|Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras en liña. miniatura|Maillot arco da vella co que se premia ao gañador das carreiras contra o reloxo. EventoOuro Prata BronceEventos masculinosRuta elite Peter Sagan - 6h 14' 37" Michael Matthews - +3" Ramūnas Navardauskas - m.t.Contra o reloxo elite individual Vasil Kiryienka - 1h 02' 29.45" Adriano Malori - +9.08" Jérôme Coppel - +26.62"Contra o reloxo elite por equipos BMC Racing Team - 42' 07.97" Etixx-Quick Step - +11.35" Movistar Team - +30.11"Eventos femininosRuta elite Elizabeth Armitstead - 3h 23' 56" Anna van der Breggen - m.t. Megan Guarnier - m.t.Contra o reloxo elite individual Linda Villumsen - 40' 29.87" Anna van der Breggen - +2.54" Lisa Brennauer - +5.26"Contra o reloxo elite por equipos Velocio-SRAM - 47' 35.87" Boels-Dolmans - +6.66" Rabo-Liv - +56.12"
Eventos sub-23 EventoOuro Prata BronceRuta sub-23 Kévin Ledanois - 3h 54' 45" Simone Consonni - m.t. Anthony Turgis - +2"Contra o reloxo sub-23 Mads Würtz Schmidt - 37' 10.96" Maximilian Schachmann - +12.20" Lennard Kämna - +21.02"
Eventos júnior EventoOuro Prata BronceEventos masculinosRuta júnior Felix Gall - 3h 11' 09" Clément Bétouigt-Suire - m.t. Rasmus Pedersen - +1"Contra o reloxo júnior Leo Appelt - 37' 45.01" Adrien Costa - +17.22" Brandon McNulty - +59.74"Eventos femininosRuta júnior Chloe Dygert - 1h 42' 16" Emma White - +1' 23" Agnieszka Skalniak - +1' 28" Contra o reloxo júnior Chloe Dygert - 20' 18.47" Emma White - +1' 05.53" Anna-Leeza Hull - +1' 26.08"
Medalleiro Posición País Ouro Prata Bronce Total1 3 3 2 82 2 1 2 53 1 1 2 44 1 0 1 25 1 0 0 15 1 0 0 15 1 0 0 15 1 0 0 15 1 0 0 110 0 3 1 411 0 2 0 212 0 1 1 113 0 1 0 114 0 0 1 114 0 0 1 114 0 0 1 1
Véxase tamén Outros artigos Richmond Campionato do Mundo de ciclismo en ruta
Ligazóns externas Páxina web oficial Os mundiais na web da UCI
Categoría:Campionato do Mundo de ciclismo en ruta Categoría:Ciclismo en 2015