Penda de Mercia, finado o 15 de novembro de 655O Manuscrito A da Crónica anglosaxoa ofrece este ano e especifica unha data exacta, o 15 de novembro., foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas. Traxectoria Penda era un rei pagán nunha época na que o cristianismo estaba a se estender por moitos dos reinos anglosaxóns. Participou na derrota do poderoso rei de Northumbria, Edwin, na batalla de Hatfield Chase en 633.O ano 633 é o que ofrece a Crónica anglosaxoa. Nove anos máis tarde, derrotou e acabou coa vida do sucesor de Edwin, Oswald de Northumbria, na batalla de Maserfield. A partir desa vitoria Penda podería ser o máis poderoso gobernante anglosaxón da época.
Derrotou a Anglia Oriental, obrigou ao rei Cenwalh de Wessex a se exiliar durante tres anos, e continuou a guerra contra os bernicianos de Northumbria. Trece anos despois da vitoria de Maserfield, sufriu unha esmagadora derrota na batalla de Winwaed ao final dunha campaña contra os bernicianos.
Notas
Categoría:Finados en 655 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Mercia