A cruzada contra a coroa de Aragón foi un conflito bélico que durou dende 1283 até 1285. A cruzada foi declarada polo papa Martiño IV contra Pedro o Grande, pola súa intervención nos asuntos sicilianos en contra da vontade papal. A maior parte do conflito desenvolveuse en terras catalás, malia que os primeiros episodios producíronse na fronteira navarro-aragonesa. En vinganza, a coroa de Aragón atacou Mallorca e Occitania.
Pedro o Grande tivo que loitar contra o exército cruzado que apoiaba a Filipe III de Francia, composto por tropas do Reino de Francia, o Reino de Mallorca e a República de Xénova, contando só coas tropas catalás e valencianas, D.M.J. Henry, Histoire de Roussillon, comprenant l'histoire du royaume de Majorque e sen poder contar coa nobreza do Reino de Aragón que se abstivo de participar no conflito.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ferran Valls Taberner e Ferran Soldevila, Història de Catalunya Bernat Desclot, Llibre del rei en Pere e dels seus antecessors passats Ramon Muntaner, Crònica
Categoría:Coroa de Aragón Categoría:Cruzadas