A dos soricomorfos (Soricomorpha) é unha orde de mamíferos placentarios.

Até hai poucos anos, as especies que hoxe integran a orde formaban un grupo importante dentro da antiga orde dos insectívoros. Porén, demostrouse que esta orde era polifilética, polo que varias novas ordes separáronse del, como a dos afrosorícidos (que inclúe os tenrecs e as toupas douradas), a dos macroscelideos (as musarañas elefante) a dos erinaceomorfos (que alberga aos ourizos e aos ximnuros), deixando só catro familias que son as que comprende esta nova orde, como se mostra máis abaixo.Hutterer, R. (2005): Soricomorpha, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 220–311.

Posteriormente demostrouse que Soricomorpha era un grupo parafilético, porque os sorícidos compartiron un antepasado común máis recente cos erinaceidos que con outros soricomorfos.A. L. Roca, G. K. Bar-Gal, E. Eizirik, K. M. Helgen, R. Maria, M. S. Springer, S. J. O'Brien & W. J. Murphy (2004): "Mesozoic origin for West Indian insectivores". Nature 429 (6992): 649–651. Resume. Demostrouse que a reunión dos Soricomorpha e os Erinaceidae era un grupo monofilético, coñecido por algúns autores como a orde dos Eulipotyphla.Robin M. D. Beck, Olaf R. P. Bininda-Emonds, Marcel Cardillo, Fu-Guo Robert Liu & Andy Purvis (2006): "A higher level MRP supertree of placental mammals". BMC Evolutionary Biology 6: 93.

Entre outras especies pertencen á orde dos soricomorfos as toupas e as musarañas.

Taxonomía Descrición da orde

A orde dos Soricomorpha foi creada en 1910 polo paleontólogo estadounidense William King Gregory (1876-1970), pero non foi adoptada fóra da paleontoloxía até os inicios do século XXI, grazas aos avances da xenética.

Etimoloxía O nome científico Soricomorpha está formado pola unión dos elementos do latín científico soric-, raíz derivada do xenitivo de sōrex, -icis, "rato", e tamén "musaraña", e -morpha, forma neutra derivada do grego antigo μορφή morphé, "forma", usando a vogal -o- como elemento de unión para facilitar a pronuncia. Literalmente: "os que teñen forma de musaraña".

Clasificación

A orde dos soricomorfos divídese en catro familias.Soricomorpha en Mammal Species of the World.

Orde Soricomorpha Familia (†) Nesophontidae Anthony, 1916 Familia Solenodontidae Gill, 1872 Familia Soricidae G. Fischer, 1814 Soricidae en MSW. Subfamilia Crocidurinae Subfamilia Soricinae Subfamilia Myosoricinae Familia Talpidae G. Fischer, 1814 Talpidae en MSW. Subfamilia Scalopinae Subfamilia Talpinae Subfamilia Uropsilinae

As especies do xénero Nesophontes, único da familia dos Nesophontidae, parece que sobreviviron á extinción plistocena tardía, polo menos sábese que cinco especies existiron en América en época poscolombina.Nesophontidae en MSW.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614. Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Marylando, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos Laurasiaterios Insectívoros Taxonomía dos mamíferos

Ligazóns externas Soricomorpha na ADW. Con amplísima información, imaxes e bibliografía Soricomorpha na EOL. Con información das familias (incluída a extinta), numerosas imaxes e mapas de distribución