A década de 1910 foi o período de tempo que transcorreu desde o 1 de xaneiro de 1910 ata o 31 de decembro de 1919.
Na década de 1910, os intereses das potencias mundiais empuxaron á humanidade a unha nova dimensión de conflito, a primeira guerra mundial (iniciada en 1914), que aínda que se iniciou como un conflito europeo terminou absorbendo ás principais nacións do mundo. A confrontación iniciouse tralo asasinato do arquiduque Francisco Fernando en Saraxevo. Os grandes perdedores ao cabo dos catro anos en que se desenvolveu a guerra foron os imperios de Austria, que perdeu esa distinción para sempre, e o imperio ruso, cuxa monarquía foi exterminada (a familia real foi executada) para dar paso a un novo sistema de goberno, o Bolxevique, liderado por Lenin.
Estados Unidos de América converteuse nunha potencia mundial de primeira orde do mesmo xeito que o Xapón, cuxa primacía en Asia xa ninguén discutía. Alemaña perdeu o seu pequeno imperio colonial (o káiser Guillerme II abdicou), pero aínda así logrou manter a súa infraestrutura nacional. Foi o caso contrario ao de Francia, que se supoñía resultara vitoriosa na guerra.
Gran Bretaña, aínda que menos afectada que Francia, tamén viu retroceder o seu prestixio e de súpeto atopouse en condición de igualdade cos Estados Unidos de América, país sobre o que facía menos dun século aínda tiña a pretensión de volvelo a integrar dentro das súas colonias.
Pola súa banda o piloto alemán Manfred von Richthofen foi a icona da guerra.
Acontecementos 1910 Inicio da Revolución mexicana. Constitución da Unión Surafricana. Proclamación da república de Portugal. Corea anéxase ao Xapón e forma parte das miles de colonias xaponesas Kandinsky: primeira acuarela abstracta. Paso do cometa Halley. Fundación da firma Chanel.
1911 Final da dinastía Qing, inicio da República da China. Redúcese a tensión xermano-francesa en Marrocos (Agadir). Roald Amundsen acada o polo sur. Descubrimento de Machu Picchu (Perú). Sucesos de Cullera (España). Fundación de Der Blaue Reiter en Múnic.
1912 15 de abril: O RMS Titanic afúndese no norte do océano Atlántico. Morren 1500 persoas.
1914 Asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Habsburgo en Saraxevo. Inicio da primeira guerra mundial. Alemaña invade Bélxica e Luxemburgo. Batalla do Marne. Inaugúrase a canle de Panamá. Tregua de Nadal.
1915 Ofensiva aliada en Artois: os alemáns invaden Polonia. Ofensiva francesa en Champaña. Os aliados desembarcan en Gallípoli. Alemaña afunde o buque británico RMS Lusitania. O Imperio otomán perpetra un masacre contra a poboación armenia. A. Wegener: teoría da deriva dos continentes. Albert Einstein: Teoría da Relatividade xeral.
1916 Batalla de Verdún. A revolta do Luns de Pascua en Irlanda. Publicación de A metamorfose de Franz Kafka. O HMHS Britannic (buque xemelgo do Titanic) afúndese após bater contra unha mina submarina. Morren 29 persoas neste naufraxio.
1917 En Rusia iníciase a Revolución de Febreiro, que provoca a abdicación do tsar Nicolao II. En Rusia iníciase a Revolución de Outubro. Inicio da guerra civil rusa. Os Estados Unidos participan na primeira guerra mundial ao lado da tripla entente. Sinatura da «Declaración Balfour». Falece L. L. Zamenhof, creador do esperanto. A espía Mata Hari é executada.
1918 Abdica o káiser Guillerme II de Alemaña. Finaliza a primeira guerra mundial. 1918-1933 - Fundación da República de Weimar. Paz de Brest-Litovsk. Pandemia da gripe de 1918. Execución da familia real rusa Romanov. Edición do mapa tras a guerra.
1919 Conferencia de Paz de París: Sinatura do Tratado de paz de Versalles, que impuxo gravosas condicións económicas e militares a Alemaña, ademais de supoñer a desmembración do Imperio austrohúngaro, dividido en catro novos estados (Austria, Hungría, Checoslovaquia e Iugoslavia). Fundación en Moscova da III Internacional. Mustafá Kemal á fronte da resistencia turca contra os aliados. Asasinato de Emiliano Zapata. Masacre de Amritsar. Fundación da Bauhaus, escola de artesanía, deseño, arte e arquitectura por Walter Gropius en Weimar (Alemaña). Adopción do tempo universal (Greenwich). Nita Naldi é descuberta por John Barrymore.
1910