A CIE-10 é o acrónimo da décima edición da Clasificación Internacional de Doenzas (en inglés, ICD, International Statistical Classification of Diseases and Related Health Problems). Determina a clasificación e codificación das doenzas e unha ampla variedade de signos, síntomas, feitos anormais, denuncias, circunstancias sociais e causas externas de danos e/ou enfermidade.WHO. Classifications. International Classification of Diseases (ICD). Consultado o 04/10/2015.
Historia
A CIE foi publicada pola Organización Mundial da Saúde (OMS). Emprégase a nivel internacional para fins estadísticos relacionados con morbilidade e mortalidade, os sistemas de reintegro e soportes de decisión automática en medicina. Este sistema está deseñado para promover a comparación internacional da recolección, procesamento, clasificación e presentación destas estadísticas. A CIE é a clasificación central da WHO Family of International Classifications (WHO-FIC) (en galego, a Familia de Clasificacións Internacionais da OMS).The WHO Family of International Classifications. WHO. Consultado o 9/10/2015.
A lista CIE-10 ten a súa orixe na «Lista de causas de morte», da cal a primeira edición realizouna o Instituto Internacional de Estadística en 1893. A OMS fíxose cargo da mesma en 1948, na sexta edición, a primeira en incluír tamén causas de morbilidade. A día de hoxe, a lista en vigor é a décima, e a OMS segue a traballar nela.
A CIE-10 desenvolveuse en 1992 e o seu propósito foi rastrexar estadísticas de mortalidade. A OMS publica actualizacións menores anuais e actualizacións maiores cada tres anos.
Posteriormente, algúns países teñen creado as súas propias extensións do código CIE-10. Por exemplo, Australia presentou a súa primeira edición, a «CIE-10-AM» en 1998; Canadá publicou a súa versión no 2000, a «CIE-10-CA». Alemaña tamén ten a súa propia extensión, a «CIE-10-GM».
Nos Estados Unidos de América, engadiuse o anexo co sistema de clasificación de procedementos, o ICD-10-PCS. A pesar de que xa utilizan o manual de procedementos, os Estados Unidos e Porto Rico estanse a preparar para a posta en funcionamento do Sistema de Clasificación de Enfermidades para comezar en outubro de 2015.
Codificación
Cada afección pode ser asignada a unha categoría e recibir un código de até seis caracteres de lonxitude (en formato de X00.00). Cada unha de tales categorías pode incluír un grupo de doenzas similares. Os seguintes códigos empréganse pola Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas Relacionados coa Saúde. + Clasificación Estadística Internacional de Doenzas e Problemas relacionados coa Saúde Capítulo Códigos Título I A00-B99 Certas doenzas infecciosas e parasitarias II C00-D48 Neoplasias III D50-D89 Doenzas do sangue e dos órganos hematopoéticos e outros trastornos que afectan o mecanismo da inmunidade IV E00-E90 Doenzas endócrinas, nutricionais e metabólicas V F00-F99 Trastornos mentais e do comportamento VI G00-G99 Doenzas do sistema nervioso VII H00-H59 Doenzas do ollo e os seus anexos VIII H60-H95 Doenzas do ouvido e da apófise mastoide IX I00-I99 Doenzas do sistema circulatorio X J00-J99 Doenzas do sistema respiratorio XI K00-K93 Doenzas do aparato dixestivo XII L00-L99 Doenzas da pel e do tecido subcutáneo XIII M00-M99 Doenzas do sistema osteomuscular e do tecido conectivo XIV N00-N99 Doenzas do aparato xenitourinario XV O00-O99 Embarazo, parto e puerperio XVI P00-P96 Certas afeccións orixinadas no período perinatal XVII Q00-Q99 Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas XVIII R00-R99 Síntomas, signos e feitos anormais clínicos e de laboratorio, non clasificados noutra parte XIX S00-T98 Traumatismos, envelenamentos e algunhas outras consecuencias de causa externa XX V01-Y98 Causas externas de morbilidade e de mortalidade XXI Z00-Z99 Factores que inflúen no estado de saúde e contacto cos servizos de saúde XXII U00-U99 Códigos para situacións especiais
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas CIE-10 en castelán, Ministerio de Sanidad de España Convertidor de CIE-9 a CIE-10 en español, Ministerio de Sanidad de España Conversor de códigos CIE-9 a CIE-10 y búsqueda de códigos CIE-10 en español Descargar ou consultar en liña
Categoría:Termos médicos Categoría:Medicina Categoría:Doenzas