Cándido Abellás Vázquez, nado en Señorín (O Carballiño) o 23 de febreiro de 1871 e finado en Vigo o 18 de maio de 1951, foi un relixioso e escritor galego.
Traxectoria Sendo diácono, o 16 de maio de 1895 tomou o hábito da orde dos Freires Menores no Convento de San Francisco do Val de Deus, sendo nomeado frade un ano despois. O 27 de setembro de 1896 foi ordenado sacerdote. Foi vicedirector da publicación El Eco Franciscano. Pasou os seus últimos anos no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas), e morreu na residencia franciscana de Vigo.
Foi irmán de Ramón e César Abellás Vázquez.
Obra As súas obras son de literatura piadosa e de estudos da doutrina mística. Publicou tamén numerosos artigos de temas espirituais.
Devoto novenario a la Inmaculada Concepción de María Santísima, con una breve reseña histórica de su milagrosa imagen en el convento de P.P. Franciscanos de Castroverde de Campos (Barcelona, 1902) Páginas espirituales de vida sobrenatural (Santiago 1925) Leyenda de San Francisco de Asís, escrita por tres de sus compañeros (Lugo, 1927; versión castelá do texto latino de Marcelino de Civezza e Teófilo Domenichelli) Devotos pensamientos de Sta. Teresita del Niño Jesús (Barcelona, 1929, 2ª edición) El alma confiada. Breves consideraciones encaminadas a aumentar en las almas piadosas la confianza en Dios (Madrid, 1929) Suma espiritual para las almas religiosas (Santiago, 1933; prólogo de Samuel Eiján). O texto aparecera xa en El Eco Franciscano como serie de artigos co nome de "Esbozo de un libro". Glosario al alfabeto de religiosos por San Buenaventura
Véxase tamén Bibliografía
Vilanova Rodríguez, A. (1952): "Orensanos Ilustres", na revista Posío, Arte y letras.
Categoría: Nados no Carballiño Categoría: Nados en 1871 Categoría: Finados en 1951 Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Franciscanos de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes