A batalla de Montjuïc de 1641 foi unha batalla que se librou o 26 de xaneiro de 1641 na montaña de Montjuïc da cidade de Barcelona, sete meses máis tarde do levantamento popular coñecido como Corpus de Sang (7 de xuño de 1640).
A batalla é un dos episodios da Guerra dos Segadores e enfrontou as tropas catalás comandadas polo deputado militar da Generalitat Francesc de Tamarit, co apoio da cabalería francesa do duque de Bouillon, contra as tropas de Filipe IV de España comandadas por Pedro Fajardo de Zúñiga y Requesens, marqués de los Vélez. A batalla resolveuse cunha vitoria catalá contundente e o masacre das tropas españolas, que tiveron de fuxir ata Tarragona.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Barcelona Categoría:Historia de Cataluña Categoría:1641