San Xoán de Anzo é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 186 habitantes (97 mulleres e 89 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.
Nesta parroquia naceu o empresario Ramón Lareo López, Roque.
Patrimonio O castro de Anzo está moi alterado por diversas construcións (vivenda, pista de tenis, piscina, naves dunha granxa, etc.). O único posible resto en superficie e unha pequena caída do terreo, localizado entre a casa e a estrada, que puidera corresponderse co terraplén occidental do recinto.Ficha arqueolóxica do castro de Anzo .
A igrexa de San Xoán de Anzo é románica e conserva moitos elementos da súa primitiva estrutura do século XII. Capela das Mercedes, no Cruceiro. Conserva a estrutura de varias casas grandes: Golmar, Velón e Noguerol. No Agro do Sisto atopáronse sepulturas xermánicas.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Anzo
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Anzo na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán