O Castelo do Pico Sacro foi construído na Alta Idade Media no cumio do Pico Sacro, substituíndo unha pequena capela próxima ó mosteiro de San Sebastián. No século XV a fortaleza foi destruída durante as revoltas irmandiñas, sendo posteriormente reconstruída polo arcebispo Alonso de Fonseca para defenderse da casa de Altamira residente na torre de Cira. Consérvanse restos da planta e do alxibe, así como outras estruturas talladas na rocha.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrada en patrimoniogalego.net.
Pico Sacro Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Boqueixón