O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.

Características Trátase dun castelo altomedieval situado nos montes da Ruña, no Alto das Barreiras a 643 m de altitude. O castelo non se sitúa no promontorio máis alto (Castelo Pequeno - 646 m) para poder manter unha liña de visión directa co Monte Pindo. O castelo conta cunha muralla defensiva e un foxo escavado en rocha viva.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Brandufe Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Mazaricos Categoría:Mazaricos sen imaxes Categoría:Castelos de Galicia sen imaxes