A torre de Broño foi unha construción defensiva altomedieval que complementaba a fortaleza da Barcala. Está sita a 285 m de altitude nun outeiro denominado Monte do Castelo de San Martiño de Broño, próximo ás aldeas de Redemuíños, San Martiño, Camiño Real e Feáns, na parroquia de Broño, concello de NegreiraPlano do Catastro. Ref: 15057L01100365. Topónimos na zona: A Torre, Torre, Pé do Marco, Fontarruda, Candorpe, Louteiro, Bouza, Bouzas, Agro das Gándaras, Estivada, Costa da Torre, Devesa, Carballal, Fonte Raíña, Longras, Castelo, O Cotón, Meimentos, Retorta. Na actualidade a torre está en ruínas e so quedan a mota e algún muro esborrallado.

O castro de Guimaráns, a fortaleza da Barcala e a torre de Broño están practicamente aliñados, e dominan tres tramos consecutivos do río Barcala.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Broño Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia Categoría:Negreira Categoría:Castelos de Galicia sen imaxes Categoría:Negreira sen imaxes Broño