A dos soricinos (Soricinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos soricomorfos, unha das tres en que se divide a familia dos sorícidos.Soricinae G. Fischer, 1814 en MSW, que comprende numerosas especies distribuídas principalmente pola a rexión Holoártica e coñecidas na bibliografía internacional como musarañas de dentes vermellos,Inglés, red-toothed shrews; francés, musaraignes à dents rouges; alemán, Rotzahnspitzmäuse; sueco, rödtandade näbbmöss ) para distinguilas das musarañanas de dentes vermellos africanas, que compoñen a subfamila dos miosoricinos.

As cinco especies do grupo presentes en Galicia coñécense como muraños e furafollas, segundo os xéneros.

Taxonomía A subfamilia foi descrita en 1814 polo zoólogo e paleontólogo saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim, en Zoognosia tabulis synopticis illustrata, in usum prälectionum Academiae Imperialis Medico-Chirurgicae Mosquentis edita, 3: x.

Na actualidade recoñécense na subfamilia un total de 148 especies, distribuídas e 14 xéneros, que se agrupan en 7 tribos:Soricinae no SIIT.Soricinae na ADW.Soricinae na EOL.

miniatura|240px|Blarina brevicauda. miniatura|240px|Sorex minutus.

Subfamilia Soricinae G. Fischer, 1814 Tribo Anourosoricini Anderson, 1879 Xénero Anourosorex Milne-Edwards, 1872 Tribo Blarinellini Reumer, 1998 Xénero Blarinella Thomas, 1911 Tribo Blarinini Kretzoi, 1965 Xénero Blarina Gray, 1838 Xénero Cryptotis Pomel, 1848 Tribo Nectogalini Anderson, 1879 Xénero Chimarrogale Anderson, 1877 Xénero Chodsigoa Kastchenko, 1907 Xénero Episoriculus Ellermann & Morrison-Scott, 1966 Xénero Nectogale Milne-Edwards, 1870 Xénero Neomys Kaup, 1829 Xénero Nesiotites Bate, 1945 Xénero Soriculus Blyth, 1854 Tribo Notiosoricini Reumer, 1984 Xénero Megasorex Hibbard, 1950 Xénero Notiosorex Coues, 1877 Tribo Soricini G. Fischer, 1814 Xénero Sorex Linnaeus, 1758

En Galicia En Galicia estás rexistradas cinco especies de soricinos, pertencentes a dous xéneros, Neomys (2 especies) e Sorex (3 especies):SGHN (1995), pp. 194-208.Díaz d'a Silva et al. (2007), pp. 34-40.

Xénero Neomys: muraño Neomys anomalus - muraño de Cabrera Neomys fodiens - muraño patibranco Xénero Sorex: furafollas Sorex coronatus - furafollas grande Sorex granarius - furafollas ibérico Sorex minutus - furafollas pequeno

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7. Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Schilling, D.; D. Singer & H. Diller (1987): Guía de los mamíferos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0784-4. SGHN (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Santiago de Compostela: Sociedade Galega de Historia Natural / Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-89-X. Van den Brink, F. H. & Barrel, P. (1971): Guía de campo de los mamíferos salvajes de Europa occidental. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Laurasiaterios Soricomorfos Sorícidos

Ligazóns externas Soricinae na ADW. Soricinae na EOL.

Categoría:Sorícidos