Leung Ping-kwan (chinés tradicional: 梁秉鈞; chinés simplificado: 梁秉钧; pinyin: Liáng Bǐngjūn), nado o 20 de abril de 1949 en Xinhui e finado o 5 de xaneiro de 2013 en Hong Kong, foi un escritor hongkonés coñecido tamén co sobrenome literario de Ye Si (chinés tradicional e simplificado: 也斯; pinyin: Yě Sī).

Traxectoria Nado na provincia de Guangdong criouse en Hong Kong, onde recibiu unha educación bilingüe (inglés/chinés). Estudou inglés na Universidade Baptista de Hong Kong e realizou o doutoramento en literatura comparada na Universidade do Sur de California en San Diego. Comezou a escribir poesía na década de 1960 e publicou un total de once volumes líricos, ademais escribiu novelas, ensaios, relatos e traducións e mais ensinou literatura comparada na Universidade de Lingnan en Hong kong.Tod des Lyrikers Leung Ping-kwan in Neue Zürcher Zeitung vom 10. Entre os seus libros salientan Dao yü dalu, unha colección de relatos curtos publicado en 1987; Dong xi, un poemario de 2000 e Xiang gang wen hua , ensaio dedicado á cultura de Hong Kong publicado en 1992.

Notas

Categoría:Escritores da China Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Escritores en lingua chinesa