O Campionato de Galicia da Serie A 1923/24 foi a décima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1923 e rematou en marzo de 1924. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.Copa del Rey Alfonso XIII 1924linguasport.com Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo disputouse en dúas fases. Na primeira fase competiron os seis equipos dividos en tres grupos de dous equipos cada un, agrupados por proximidade xeográfica, dos que resultou un equipo vencedor e un equipo derrotado por cada grupo. Na segunda fase foron agrupados os tres vencedores da fase de grupos e pelexaron polos tres primeiros postos do campionato. Do mesmo xeito, os tres equipos derrotados competiron polos tres últimos postos e un premio de consolación para o cuarto clasificado. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas. Proclamouse campión o Celta de Vigo.
Fase de grupos Grupo A Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 7 de outubro Barreiro Unión Sporting Celta de Vigo 0–2 Informe2 14 de outubro Coia Celta de Vigo Unión Sporting 7–0 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Celta de Vigo220090+94Clasificación para a fase final (vencedores)2.Unión Sporting200209−90Clasificación para a fase final (derrotados)
Grupo B Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 7 de outubro Pasarón Pontevedra Athletic Eiriña 1–5 Informe2 14 de outubro O Progreso Eiriña Pontevedra Athletic 1–2 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Eiriña220063+32DesempatePontevedra Athletic200236−32
Desempate
Grupo C Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 7 de outubro Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–1 Informe2 14 de outubro Caranza Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 1–1 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Racing de Ferrol22002202DesempateDeportivo da Coruña20022202
Desempate
Fase final Vencedores Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 28 de outubro Caranza Racing de Ferrol Celta de Vigo 2–3 Informe2 4 de novembro O Progreso Eiriña Racing de Ferrol 1–2 Informe3 11 de novembro Coia Celta de Vigo Eiriña 5–0 Informe4 2 de decembro Coia Celta de Vigo Racing de Ferrol 7–1 Informe5 9 de decembro Caranza Racing de Ferrol Eiriña 6–1 Informe6 16 de decembro O Progreso Eiriña Celta de Vigo 0–5 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Celta de Vigo4400203+178Clasificación para a Copa de España 19242.Racing de Ferrol42021112−143.Eiriña4004218−160
Derrotados Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 24 de febreiro Barreiro Unión Sporting Deportivo da Coruña 2–2 Informe2 2 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Pontevedra Athletic 4–0 Informe3 11 de novembro Pasarón Pontevedra Athletic Unión Sporting 8–1 Informe4 9 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Unión Sporting 4–0 Informe5 16 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Deportivo da Coruña 2–0 Informe6 16 de decembro Barreiro Unión Sporting Pontevedra Athletic 1–1 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso4.Pontevedra Athletic4211116+55DesempateDeportivo da Coruña4211104+656.Unión Sporting4022415−112
Desempate
Clasificación final EquipoClasificación ou descenso1.Celta de VigoClasificación para a Copa de España 19242.Racing de Ferrol3.Eiriña4.Pontevedra Athletic5.Deportivo da Coruña6.Unión Sporting
Controversias Descualificación e readmisión do Deportivo Tralo nacemento do Celta de Vigo no verán de 1923 mediante a fusión dos clubs Vigo Sporting e Fortuna de Vigo, os xogadores Otero, Chiarroni e Ramón González, que ata ese momento formaran parte do Vigo Sporting, decidiron non se incorporar ó novo club e fichar polo Deportivo da Coruña. O Celta denunciou ó Deportivo por suborno e a Federación Galega de Fútbol suspendeu durante unha tempada os tres xogadores e mailo Deportivo. Esta decisión, tomada co campionato xa iniciado, levou a que o Racing de Ferrol, que estaba pendente de xoga-lo desempate do Grupo C fronte ó Deportivo, fose proclamado vecendor do grupo, clasificándose para xoga-la fase final dos vencedores de grupo. Na devandita fase final proclamaríase campión o Celta.
Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas. A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión, polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria na que acordou por maioría acepta-lo veredicto da RFEF.
O Deportivo foi readmitido e xogou o desempate do Grupo C fronte ó Racing, resultando gañador o equipo ferrolán, razón pola cal a fase final dos vencedores non sufriu modificacións e o Celta proclamouse campión de xeito oficial.
Notas
Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1924