Daniel de la Torre Alvaredo, coñecido como Dani de la Torre, nado en Monforte de Lemos en 1975Ficha "Dani de la Torre" en AVG ., é un director, realizador e guionista galego.
Traxectoria Despois de estudar Imaxe e Son en Ourense, filmou diversas curtametraxes, como Minas (2004), Lobos (2004) e Bos días (2006). En 2010 dirixiu e coescribiu a miniserie de dous episodios Mar libre, interpretada por Miguel de Lira, Luis Zahera e José Ángel Ejido, entre outros.
En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, O descoñecidoFicha da película en IMDb ., cun guión de Alberto Marini e que contou coas interpretacións de Luís Tosar, Elvira Mínguez, Javier Gutiérrez e Goya Toledo, entre outros, que foi rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015, incluídos mellor filme, mellor director e mellores actores e actrices protagonistas e secundarios. Ademais gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son) e tivo oito candidaturas, incluída a de mellor director novel para Dani de la Torre.
En 2018 dirixiu a curtametraxe Álex y Julia, para Estrella Damm, con Michelle Jenner e Oriol Pla. Logo dirixiu o filme A sombra da lei, con guión de Patxi Amezcua e protagonizada de novo por Luís Tosar, xunto con Michelle Jenner, Vicente Romero e Manolo Solo entre outros. A película gañou tres Premios Goya (mellor fotografía, dirección artística e deseño de vestiario) e dez Premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película e o segundo premio ó mellor director para de la Torre.
Filmografía Cine O descoñecido (2015) A sombra da lei (2018) Live is Life. La gran aventura (2020). Director. Zeta (rodaxe en 2024).
Televisión Mar libre (2010). La Unidad (2020). Movistar+ La Unidad Kabul (2023). Movistar+. Creada con Alberto Marini. Marbella (2023). Movistar+ Creada con Alberto Marini.
Curtametraxes Minas (2004). Lobos (2004). Bos días (2006). Zeus & Apolo (2018) Álex y Julia (2018).
Notas
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1975 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección