Svetlana Aleksandrovna Aleksievich, (en , ), nada en Stanislav (Ucraína) o 31 de maio de 1948, é unha escritora e xornalista belarrusa en lingua rusa, galardoada co Premio Nobel de Literatura no ano 2015.
Traxectoria Naceu en Ivano-Frankivsk, entón chamada Stanislav, no oeste de Ucraína de pai belaruso e nai ucraína e criouse en Belarús. Logo de rematar os seus estudos na Universidade Estatal de Belarús, traballou como reporteira para varios periódicos locais e foi correspondente da revista literaria Neman de Minsk.
Como xornalista destacouse pola incorporación das narracións orais das testemuñas dos asuntos tratados. Como escritora este recurso caracteriza a súa obra, pois para os seus libros realizou numerosas entrevistas sobre os acontecementos máis importantes vividos en Belarús e na antiga Unión Soviética: como a segunda guerra mundial tratada en У войны не женское лицо (1984) e en Последние свидетели: сто недетских колыбельных (1985), a Guerra soviético-afgá en Цинковые мальчики (1991), a caída da URSS en Зачарованные смертью (1993) e Время секонд хэнд (2013) e o desastre de Chernóbil en Чернобыльская молитва (1997).
Perseguida polo réxime de Lukašenka deixou Belarús no ano 2000.Biografía de Aleksievich da web da Lannan Foundation Logo de vivir en París, Gotemburgo e Berlín regresou a Minsk en 2011. Nunha entrevista a un diario alemán, citouse que consideraba a lingua belarusa "unha lingua rural e literariamente inmadura", feito que a escritora negou posteriormente.
En 2015 foille concedido o Premio Nobel de Literatura ”pola súa obra polifónica, un monumento ao sufrimento e á coraxe no noso tempo”. Deste xeito foi a primeira persoa de nacionalidade belarusa en obtelo así como a primeira xornalista.
En 2020, durante as eleccións presidenciais de Belarús, Alexievich pronunciouse contra Aliaksandr Lukašenka e apoiou á candidatura da oposición, Sviatlana Tsikhanouskaia. Despois da vitoria de Lukašenka nunhas eleccións que non cumpriron coas garantías democráticas, Svetlana Alexievich participou nas protestas e uniuse ao presidium co Consello de Coordinación da oposición sendo dende entón unha das voceira máis recoñecida da oposición ao réxime de Belarús. Polos seus compromiso tivo que prestar declaración ante a policía, optando finalmente por deixar de novo Belarús, trasladándose a Berlín. En 2022, logo da invasión rusa de Ucraína, asinou unha carta de condena dos feitos canda outros autores en lingua rusa na que urxían aos comunicadores rusos a contar a verdade sobre os acontecementos. Pola súa banda, cualificou o papel exercido por Aliaksandr Lukašenka na guerra como un "crime".
Obra У войны не женское лицо (U voyny ne zhenskoe litso), Minsk: Mastatskaya litaratura, 1985. Последние свидетели: сто недетских колыбельных (Poslednie svideteli: sto nedetskikh kolybelnykh), Moscova: Molodaya Gvardiya, 1985 Цинковые мальчики (Tsinkovye malchiki), Moscova: Molodaya Gvardiya, 1991 Зачарованные смертью (Zacharovannye smertiu), Moscova: Slovo, 1994. ISBN 5-85050-357-9 Чернобыльская молитва (Chernobylskaya molitva), Moscova: Ostozhye, 1997. ISBN 5-86095-088-8 Poslednie svideteli: sto nedetskikh kolybelnykh, Moscova, Palmira, 2004, ISBN 5-94957-040-5. Время секонд хэнд (Vremia sekond hend), Moscova: Vremia, 2013. ISBN 978-5-9691-1129-5
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web de Svetlana Alexievich
Páxina non oficial sobre Svetlana Alexievich. Algúns textos desta autora traducidos ao galego no blog da biblioteca do IES Aller ULLoa de Lalín.
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Belarús Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Ivano-Frankivsk Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Belarús Categoría:Premio Nobel de Literatura