O Castrillón é un barrio pertencente ao concello da Coruña, do cal entrou a formar parte en 1912 trala absorción do concello de Oza.
miniatura|250px|dereita|Casa do antigo concello de Oza. miniatura|Situación do Castrillón no concello da Coruña.Estudos previos
Historia e urbanismo O seu nome obedece a un asentamento castrexo que até o de agora non foi posíbel localizar con exactitude, mais se teñen atopado restos arqueolóxicos na construción do polideportivo que se erguerá no cruzamento das avenidas da Concordia e de Casanova de EirísRestos arqueológicos retrasan aún más el inicio de la obra de la piscina de O Castrillón.
O barrio sitúase na parroquia de Oza e acubilla o antigo e centenario cemiterio municipal e a última casa consistorial do extinto concello de Oza.
De tardía, irregular e descontinua urbanización ten orixes eminentemente rurais. Ata principios do século XXI varias rúas, algunha delas importantes como Antonio RíosLas obras de la calle Antonio Ríos terminarán a finales de septiembre ou a avenida da Concordia, comezadas no franquismo, tiñan aínda tramos incompletos.
As súas vías principais son as avenidas da ConcordiaLa avenida General Sanjurjo estrena hoy su nueva denominación como avenida de Oza (NE-SW) e Casanova de Eirís (NW-SE). Na súa contorna atópanse tres importantes zonas verdes como son a praza de Pablo Iglesias, o parque de Eirís e o parque de Oza.
Servizos públicos Os servizos educativos son fornecidos principalmente polo colexio de educación primaria Fernández Latorre e os IES Monelos e Monte das Moas.
Conta cun centro cívico e biblioteca municipais na praza de Pablo Iglesias.
A Compañía de Tranvías da Coruña presta os seus servizos coas liñas 1, 12A e 14.
Sociedade e tradicións Os principais centros de culto relixioso son os templos católicos de Santa Tareixa de Xesús, no Montiño, e Santa María de Oza.
O barrio celebra as súas festas a finais de agosto, como parte das festas de María Pita.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns Blog do barrio do Castrillón
Categoría:Barrios da Coruña