Madcon é un dúo musical noruegués formado en 1992 por Yosef Wolde-Mariam e Tshawe Baqwa. Madcon lanzou sete álbums até o ano 2018. Son coñecidos polo cover de 2007 de "Beggin'" de The Four Seasons e polo sinxelo de 2015 "Don't Worry" con Ray Dalton.
Membros Yosef Wolde-Mariam Yosef Wolde-Mariam, nado o 4 de agosto de 1978, é un presentador de televisión e rapeiro etíope-noruegués. Os seus pais son orixinarios de Etiopía e Eritrea.
Wolde-Mariam medrou en Grefsen, Noruega, e mudouse coa súa nai a Røyken, Grønland, Grünerløkka e Bekkelaget. En 2012, foi mentor na versión norueguesa de The Voice, coñecida como The Voice – Norges beste stemme, emitida pola televisión norueguesa TV 2.Kjendis.no Yosef takker kona Ammina Aftenposten: Nå handler det om oss!
Tshawe Baqwa Tshawe Baqwa, nado o 6 de xaneiro de 1980 en Saarbrücken, Alemaña, é un rapeiro e presentador de televisión surafricano-alemán-noruegués.
Baqwa mudouse a Suráfrica cos seus pais cando tiña 14 anos, no momento das primeiras eleccións democráticas do país, e máis tarde regresou a Noruega para comezar a súa carreira musical.
Baqwa gañou na terceira edición da competición norueguesa de baile Skal vi danse?. Aínda que os xuíces finalmente favoreceron á finalista Mona Grudt, Baqwa gañou por votación pública. Tamén actuou como artista de voz no filme Rio, interpretando o personaxe de Nico.
Discografía It's All a Madcon (2004) So Dark the Con of Man (2007) An InCONvenient Truth (2008) Contraband (2010) Contakt (2012) Icon (2013) Contakt Vol. 2 (2018)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Noruega Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais formados en 1992