Ruada foi o primeiro selo discográfico galego, creado en 1979. Tiña a súa sede na Coruña e publicou discos até 1983, ano no que crebou. O selo creouse coa pretensión de dar normalización á produción discográfica en Galicia.

Historia O selo iniciouse en 1979 coa publicación do álbum recompilatorio 7 anos de canción galega e o álbum debut da banda Doa, O son da estrela escura.

Algunhas obras publicadas Doa – O son da estrela escura (1979) VV. AA. – 7 anos de canción galega (1979) O Xestal – Contos que van prá a feira (1979) Os Breogáns – Bailando con Os Breogáns (1980) O Carro – Brilo de anxos (1980) Coro de cámara Ars Musicae e Orquesta de Santiago – Mestres de capela composteláns (1980) Cromlech – Unha noite na eira do trigo (1980) La Mirlitantouille – La Mirlitantouille (1980) Milladoiro – A Galicia de Maeloc (1980) Outeiro – Ollos de marzal (1980) Saraibas – Unha terra, un pobo, unha fala (1980) Os Tamara – Galicia terra nosa (1980) Taranis – Ith-Gael (1980) Xoán Rubia – Nadal (1980) Banda-Orquesta Municipal da Coruña – Cruñesas (1981) Campana de Pau – Bailaches, bailaches (1981) Campana de Pau – O tiroliro (1981) Fuxan os Ventos – Quen a soubera cantar (1981) Milladoiro – O berro seco (1981) Saraibas – Xa non podemos calar (1981) Graciela Pereira – O día que me queiras (1982) Manuela e Miguel – Ergueremo-la espranza (1982) Pablo Quintana – O cego andante (1982) Pucho Boedo – Volvendo con Os Tamara (1982)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Álbums da discográfica en discogs.com

Categoría:Discográficas de Galicia