miniatura|280px|Chabal no 2015. Sébastien Chabal, nado o 8 de decembro de 1977 en Valence, Drôme, é un ex xogador de rugby francés.

Traxectoria

Xogou como número 8 no equipo profesional francés Bourgoin (1998–2004), no equipo inglés Sale Sharks (2004–2009), no francés Racing Métro 92 Paris (2009–febreiro de 2012) e na selección de rugby de Francia. Gañou o seu primeiro torneo internacional o 4 de marzo de 2000 contra Escocia. Representou a Francia en 62 partidos marcando seis ensaios; dous contra Italia no Torneo das Seis Nacións 2007; un ensaio gañador do partido contra Inglaterra na Copa do Mundo de Rugby 2007; dous contra Namibia no Campionato do Mundo de Rugby de 2007 e un contra Italia no Torneo das Seis Nacións 2009. Foi un dos deportistas máis populares de Francia, polo que moitos xornalistas franceses escibiron e falaron sobre a Chabalmania.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Sale Perfil en L'Equipe Sporting-Heroes (part 1) Sporting-Heroes (part 2) "Beware of the Sea Bass that swims with Sharks", The Guardian, Saturday 9 December 2006

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados no departamento de Drôme Categoría:Xogadores de rugby de Francia