Alessandro Gentile, nado o 12 de novembro de 1992 en Maddaloni, é un xogador profesional de baloncesto italiano que xoga no Aquila Basket Trento da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 2,00 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.
Traxectoria profesional De 2007 a 2009, Gentile xogou nas categorías inferiores do Pallacanestro Treviso. En 2009 chegou ó primeiro equipo e na tempada 2009-10 xogou 24 partidos, facendo 3.4 puntos e 1.2 rebotes por encontro. En 2011 conseguiu o galardón ó mellor xogador da liga italiana de menos de 22 anos. O 14 de xuño de 2011, renovou o seu contrato co Treviso por tres anos.
En decembro de 2011, Gentile deixou o Treviso e asinou un contrato de tres tempadas co Olimpia Milano. En xuño de 2014, despois de que o Milano conseguira o seu 26º título de liga, Gentile foi elixido o mellor xogador das finais da liga.
O 26 de xuño de 2014, Gentile foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Minnesota Timberwolves. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Houston Rockets.
O 30 de outubro de 2018 anunciouse a fichaxe de Gentile por unha tempada polo CB Estudiantes da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na provincia de Caserta Categoría:Xogadores de baloncesto de Italia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Pallacanestro Treviso Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do Aquila Basket Trento