David Owen Russell, nado en Nova York o 20 de agosto de 1958 é un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Traxectoria Russell naceu en Nova York, fillo de Maria Muzio e Bernard Markovski Russell. Os seus pais traballaban para Simon & Schuster, onde o seu pai era presidente de vendas e a súa nai secretaria. O seu pai era de orixe xudía rusa e a súa nai italiana americana.

Russell graduouse en artes no Amherst College, onde estudou tamén inglés e ciencias políticas, en 1981. A súa tese tratou sobre a intervención estadounidense en Chile entre 1963 e 1973.

Tras graduarse viaxou a Nicaragua, onde deu clases de literatura nun programa sandinista. Traballou tamén en pequenos empregos, incluíndo de camareiro.

En Boston dirixiu un documental sobre os inmigrantes panameños que o levou a un posto de axudante de produción na serie de PBS Smithsonian World. En 1987 escribiu, produciu e dirixiu Bingo Inferno: A Parody on American Obsessions.

A súa primeira longametraxe foi a comedia negra Spanking the Monkey e acadou o éxito con Tres reis.

Entre 2010 e 2013 logrou tres candidaturas ao Oscar ao mellor director, con The Fighter, Silver Linings Playbook e American Hustle.

Filmografía Título Ano Acreditado como Notas Director GuionistaProdutor OutroBingo Inferno: A Parody on American Obsessions1987CurtametraxeHairway to the Stars1989CurtametraxeSpanking the Monkey1994Produtor executivoFlirteando co desastre1996Tres reis1999Adaptation2002ActorThe Slaughter Rule2002O reporteiro: a lenda de Ron Burgundy2004Produtor executivoI Heart Huckabees2004Soldiers Pay2004The Fighter2010Silver Linings Playbook2012American Hustle2013Accidental Love2015Acreditado como "Stephen Greene"Joy2015

Notas

Véxase tamén Bibliografía .

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1958