miniatura|dereita|Proxesterona, unha hormona esteroide. Unha hormona esteroide é un esteroide que actúa como hormona. As hormonas esteroides poden agruparse en cinco grupos atendendo ao receptor ao que se unen, que son: glicocorticoides, mineralocorticoides, andróxenos, estróxenos, e proxestáxenos. Os derivados da vitamina D poden considerarse un sesto sistema de hormonas estreitamente relacionado cos anteriores con receptores homólogos. Teñen algunhas das características dos verdadeiros esteroides como ligandos receptores.

As hormonas esteroides contribúen a controlar o metabolismo, inflamación, funcións inmunitarias, o equilibrio de sales e auga no corpo, o desenvolvemento das características sexuais e funcións reprodutivas, e a capacidade de soportar enfermidades e lesións. Utilízase a denominación esteroide tanto para as hormonas producidas polo corpo coma para as utilizadas como medicamentos producidas artificialmente que imitan a acción dos esteroides naturais.

Síntese

miniatura|400px|Esteroidoxénese con encimas e intermediarios. As hormonas esteroides naturais sintetízanse xeralmente a partir do colesterol nas gónadas e nas glándulas adrenais. Estas formas de hormonas son quimicamente lípidos. Poden atravesar a membrana plasmática celular xa que son solubles en graxas, e unha vez dentro da célula únense a receptores de hormonas esteroides (os cales poden ser nucleares ou citosólicos dependendo da hormona esteroide de que se trate), e ao unirse orixinan cambios na célula. As hormonas esteroides son xeralmente transportadas por vía sanguínea unidas a unha proteína transportadora específica, como a globulina fixadora de hormonas sexuais ou a globulina fixadora de corticosteroides. Ulteriores conversións e catabolismos destas hormonas teñen lugar no fígado, noutros tecidos "periféricos", e nos tecidos diana.

Esteroides sintéticos e esterois Elaboráronse diversos esteroides e esterois sintéticos, que se poden utilizar como medicamentos. A maioría son esteroides, pero algunhas moléculas non esteroides poden interaccionar cos receptores de esteroides debido á semellanza na súa forma. Algúns esteroides sintéticos son máis febles ou máis fortes que os esteroides naturais que activan o mesmo receptor.

Algúns exemplos de hormonas esteroides sintéticas son: Glicocorticoides: alclometasona, prednisona, dexametasona, triamcinolona, cortisona (sintética) Mineralocorticoide: fludrocortisona Vitamina D: dihidrotaquisterol Andróxenos: apoptona, oxandrolona, oxabolona, testosterona (sintética), nandrolona (tamén chamados esteroides anabolizantes) Estróxenos: dietilstilbestrol (DES) e beta-estradiol (sintético) Proxestinas: danazol, noretindron, medroxiproxesterona acetato, 17-hidroxiproxesterona caproato. Algúns antagonistas esteroides: Andróxeno: ciproterona acetato Proxestinas: mifepristona, xestrinona

Efectos

Os esteroides exercen unha ampla gama de efectos, mediados por mecanismos xenómicos lentos e non xenómicos rápidos. Únense a receptores nucleares no núcleo celular para as accións xenómicas. Os receptores de esteroides asociados á membrana activan fervenzas de sinalización intracelulares implicadas nas accións non xenómicas.

Como os esteroides e esterois son liposolubles, poden difundir bastante libremente desde o sangue á célula atravesando a membrana plasmática e chegan ao citoplasma das células diana. Isto é moi diferente ao que adoitan facer as hormonas non esteroides, que son hormonas peptídicas hidrosolubles, que non poden atravesar a membrana, e actúan a través de receptores de membrana aos que se unen, e por medio de sistemas de segundos mensaxeiros intracelulares para exerceren os seus efectos. No citoplasma, o esteroide pode sufrir ou non unha alteración mediada por encimas, como a redución, hidroxilación, ou aromatización. No citoplasma, o esteroide únese a un receptor específico, unha gran metaloproteína. Unha vez unido o esteroide, moitos tipos de receptores de esteroides sofren unha dimerización: únense dúas subunidades do receptor para formar unha unidade funcional de unión ao ADN, que pode entrar no núcleo da célula. Nalgúns dos sistemas hormonais, o receptor está asociado a proteínas e shock térmico, que se liberan cando se une un ligando, que é a hormona. Unha vez que están no núcleo, o complexo esteroide-ligando receptor únese a secuencias específicas do ADN e induce a transcrición dos seus xenes diana.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hormona esteroide sexual Hormona peptídica

Bibliografía Brook CG. Mechanism of puberty. Horm Res. 1999;51 Suppl 3:52–4. Review.PMID 10592444 Holmes SJ, Shalet SM. Role of growth hormone and sex steroids in achieving and maintaining normal bone mass. Horm Res. 1996;45(1–2):86–93. Review. PMID 8742125 Ottolenghi C, Uda M, Crisponi L, Omari S, Cao A, Forabosco A, Schlessinger D. Determination and stability of sex. Bioessays. 2007 Jan;29(1):15–25. Review. PMID 17187356 Couse JF, Korach KS. Exploring the role of sex steroids through studies of receptor deficient mice. J Mol Med. 1998 Jun;76(7):497–511. Review. PMID 9660168 McEwen BS. Steroid hormones: effect on brain development and function. Horm Res. 1992;37 Suppl 3:1–10. Review. PMID 1330863 Simons SS Jr. What goes on behind closed doors: physiological versus pharmacological steroid hormone actions. Bioessays. 2008 Aug;30(8):744–56. PMID 18623071

Ligazóns externas Tutorial animado e narrado sobre a sinalización do receptor nuclear Virtual Chembook stedwards.edu Como funcionan as hormonas esteroides

Categoría:Hormonas Categoría:Esteroides