O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.Copa del Rey Alfonso XIII 1919linguasport.com Inscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Pontevedra Athletic foi descualificado por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña. Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.
Calendario Primeira volta Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 26 de xaneiro Monelos R.C. Coruña Vigo Sporting 4–4 Informe2 2 de febreiro Bouzas Fortuna de Vigo Deportivo da Coruña 6–1 Informe3 9 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña R.C. Coruña 3–2 Informe3 9 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–1 Informe4 16 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Vigo Sporting 0–2 Informe5 23 de febreiro Monelos R.C. Coruña Fortuna de Vigo 4–2 Informe
Segunda volta Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado6 2 de marzo Coia Vigo Sporting R.C. Coruña 3–0 Informe7 9 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Fortuna de Vigo 2–1 Informe8 16 de marzo Monelos R.C. Coruña Deportivo da Coruña 2–3 Informe8 16 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 3–1 Informe9 19 de marzo Coia Vigo Sporting Deportivo da Coruña 3–0 Informe10 23 de marzo Bouzas Fortuna de Vigo R.C. Coruña 4–0 Informe
Partidos anulados Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 26 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Athletic 5–0 Informe4 16 de febreiro Pasarón Pontevedra Athletic R.C. Coruña 2–2 Informe5 23 de febreiro Pasarón Pontevedra Athletic Deportivo da Coruña 1–1 Informe6 2 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Fortuna de Vigo 0–6 Informe7 9 de marzo Coia Vigo Sporting Pontevedra Athletic 9–3 Informe9 19 de marzo Monelos R.C. Coruña Pontevedra Athletic 3–2(1) Informe <div id="1">(1) O Pontevedra Athletic retirouse poucos minutos antes da fin do encontro.
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Vigo Sporting8521148+612Clasificación para a Copa de España 19192.Fortuna de Vigo8512179+8113.Deportivo da Coruña8503916−7104.R.C. Coruña83141219−775.Pontevedra Athletic6024826−180Descualificado Os puntos dos partidos do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.
Controversias Descualificación do Pontevedra Athletic Durante o encontro da segunda volta en Monelos entre o Pontevedra Athletic e o Real Club Coruña, os xogadores pontevedreses retiráronse do terreo de xogo cando faltaban poucos minutos para remata-lo partido en sinal de protesta pola arbitraxe de García Luna (secretario do Vigo Sporting), que consideraban parcial. Por estes feitos, a Federación Galega de Fútbol descualificou o Athletic, inhabitouno por tres meses e impúxolle unha multa de 250 pesetas. O Coruña, o Deportivo e o Fortuna pediron que o castigo fose levantado, pero a FGF non o fixo pola oposición de García Luna, levantando soamente a inhabilitación por tres meses. A prensa pontevedresa acusou a García Luna de urdir un plan para beneficia-lo Vigo Sporting, evitando que o Coruña se retirase do torneo (circulaban rumores dunha posible retirada) e aproveitando para consegui-la descualificación do Athletic, facendo deste xeito que o Vigo obtivese máis puntos có Fortuna e fose proclamado campión.
Notas
Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1919