O Campionato de Galicia da Serie A 1919/20 foi a sexta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en decembro de 1919 e rematou en marzo de 1920. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.Copa del Rey Alfonso XIII 1920linguasport.com Participaron o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Real Club Coruña e o Pontevedra Athletic Club, porén o Real Club Coruña retirouse do campionato antes da primeira xornada e o Pontevedra Athletic non se presentou a xoga-los partidos, deixando o torneo nun cara a cara entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas.

O partido da primeira volta do campionato xogado en Coia entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña foi gañado por 5−1 polos olívicos. O 22 de febreiro debían xoga-lo Deportivo da Coruña e o Vigo Sporting en Riazor o encontro correspondente á segunda volta, mais o Vigo Sporting non se presentou alegando que non fora avisado da data do encontro con suficiente antelación e que estaba interesado en que o partido fose asubiado por un árbitro colexiado. A Federación Galega de Fútbol non considerou válidas as alegacións e concedeu os puntos do encontro ó Deportivo, ficando así os dous equipos empatados a 10 puntos na conclusión do campionato. A FGF tamén acordou que o día 29 se xogase en Riazor un encontro de desempate, que finalizou igualado cun 2−2 no marcador. A FGF decidiu que se disputase un novo partido de desempate en Oviedo o día 14 de marzo. O Vigo Sporting enviou unha reclamación á Real Federación Española de Fútbol e esta acordou considera-lo partido xogado o 29 de febreiro como correspondente á segunda volta do campionato, de xeito que xa non se levou a cabo o segundo desempate e foi proclamado campión o Vigo Sporting.

Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 21 de decembro Coia Vigo Sporting Deportivo da Coruña 5–1 Informe2 29 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Vigo Sporting 2–2 Informe

Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Vigo Sporting651073+411Clasificación para a Copa de España 19202.Deportivo da Coruña641137−493.Pontevedra Athletic00000000Retirados4.R.C. Coruña00000000 Os puntos dos partidos do R.C. Coruña e do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais non retirados.

Notas

Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1920