Vanidad Masculina é un disco do grupo rock asturiano Fuera de Serie, gravado no ano 1984 en Xixón nos Estudios Norte (fundados ese mesmo ano antes por René de Coupeaud Villarrubia e Pedro Bastarrica«Archivo de la etiqueta: Fuera de Serie», no blog Universidad Popular Gijón/Xixón .) e mesturado en DoubleWTronics. Foi o seu primeiro traballo discográfico. A carpeta foi deseñada por Nacho Rivera e P. Currás.
Neste álbum participaron Luís Núñez (guitarra e voz), Víctor Ruíz (baixo), Amancio Sierra (batería), Mento Hevia (sintetizadores) e René de Coupeaud (piano).
Cancións
"Aspecto familiar" "Movimientos arrítmicos" "Servicio doméstico" "Vanidad masculina" "Emocional" "En el hospicio"
Notas
Categoría:Álbums musicais de 1984