Julio Antonio Flores Pérez, nado na Coruña en 1962, é un político galego.

Traxectoria Concelleiro na oposición entre 2007 e 2011, chegou ao Goberno Municipal na Coruña como número 3 da lista do PPdeG após as eleccións municipais de 2011, nas que o seu partido acadaba a maioría absoluta.

Man dereita de Carlos Negreira, fóronlle encomendadas as tarefas de Primeiro Tenente de Alcalde, as áreas de Seguridade e Mobilidade e voceiro do grupo popular na Corporación Municipal. Froito desta última actividade viuse envolto en fortes polémicas cos líderes da oposición polo uso dunha linguaxe agresiva.

Non se presentou ás seguintes eleccións municipais de 2015 ao ser obxecto das investigacións xudiciais da Operación Pokemon, se ben a causa se arquivou en 2023.

Notas

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1962 Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría: Corporación Municipal da Coruña 2011-2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes