Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ó desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sostíbel.

Substituíron os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron na fin de 2015. Os ODS abarcan de 2015 a 2030. esquerda|miniatura|Vídeo de ONU Brasil sobre os obxectivos globais. Hai dezasete obxectivos e 169 metas específicas para estes obxectivos.

Obxectivos En agosto de 2015, 193 países acordaron os seguintes 17 obxectivos:

miniatura| Home sen fogar en Tokio.|264x264px Pobreza cero: rematar coa pobreza en todas as súas formas, en todo o mundo. Fame cero: eliminar a fame, acadar a seguridade alimentaria, mellorar a nutrición e promover a sostibilidade na agricultura. Boa saúde: garantir unha vida saudábel para todos e procurar o benestar da poboación de todas as idades. Educación de calidade: garantir o acceso para todos a unha educación de calidade, equitativa e inclusiva, e proporcionar oportunidades de formación ó longo da vida. Igualdade de xénero: acadar a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as nenas e mulleres. Auga limpa e saneamento: garantir o acceso á auga e ó saneamento para todos e promover a súa xestión sostíbel. Enerxía renovábel e accesíbel: garantir o acceso seguro e estable a unha enerxía renovábel e sostíbel para todos. Bos empregos e economía: promover un crecemento que poida ser sostido e sostíbel que inclúa a todas as persoas, acadar o pleno emprego e garantir un traballo digno para todos. Innovación e boas infraestruturas: promover a construción de infraestruturas resilientes, a industrialización sostíbel e a innovación. Reducir a desigualdade: acadar unha redución da desigualdade, tanto entre países como dentro deles. Comunidades e cidades sostíbeis: acadar unhas cidades e poboacións seguras, inclusivas, resilientes e sostíbeis para todos. Uso responsábel dos recursos: promover e acadar uns patróns de produción e de consumo que sexan sostíbeis. Medidas climáticas: adoptar medidas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias. Océanos sostíbeis: acadar un uso sostíbel dos océanos e dos recursos mariños, de cara á súa conservación e desenvolvemento sostíbel. Usos do solo sostíbeis: protexer e restaurar os ecosistemas terrestres, acadar un uso e xestión sostíbeis dos bosques, reverter os procesos de desertización e degradación do solo, e deter a perda de biodiversidade. Paz e xustiza: construír sociedades pacíficas, xustas e inclusivas para todos, garantir o acceso universal á xustiza e traballar por unhas institucións efectivas e responsábeis de cara a un desenvolvemento sostíbel. Sociedades para o desenvolvemento sostíbel: robustecer as medidas para a implantación e promover unha sociedade global comprometida coa consecución dun desenvolvemento global sostíbel.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable en Galicia Dereitos humanos Dereitos humanos e cambio climático Dereitos humanos e desenvolvemento

Categoría:ONU Categoría:Ecoloxismo Categoría:Conservacionismo Categoría:2015